Cafés

Etiquetas:
15/02/2024

Esta promoción especial O teu café ten premio enmárcase no Campionato Internacional de Baristas e de Cata de Cafés que se vai celebrar no IES de Foz. 

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explica que “aquelas persoas que tomen o café en Anduriña, Bar 78, Dandy, Los Dulces de Delphine, Marexada, O Muelle Bar, Tangarte e Xoyma entre os días 19 e 25 de febreiro participarán no sorteo dunha cesta especial composta por produtos doados polas empresas colaboradoras así como un vale de compra de AciaFozCCA de 50 euros”. O sorteo terá lugar en Radio Foz o 28 de febreiro. 

José Manuel Martínez, xuíz barista e traballador na hostalería desde hai máis de trinta anos comentou que “esta promoción é un incentivo, unha forma de apoiar e de ir da man con este importante Campionato Internacional de Baristas, que se...

leer más
Etiquetas:
06/02/2023

Os campionatos de baristas e de cata de cafés do IES de Foz celebraranse nas instalacións do centro esta semana, de mércores a venres. Haberá participantes de cinco comunidades autónomas: Galicia, Asturias, País Vasco, Castela-León e Madrid.

O evento foi presentado hoxe, luns, polo director do IES de Foz, Nicolás Asensio; o concelleiro de Turismo focego, Chema Linares; a subdirectora do IES de Foz e membro do Departamento de Hostalería, Leticia Maseda; e o director do CIFP Porta da Auga, de Ribadeo, Isidro Berdeal.

Nicolás Asensio explicou que se celebrará “el décimo quinto Campeonato Internacional de Baristas de centros educativos y en paralelo se desarrollarán el décimo Campeonato Internacional de Cata de Café, el noveno Internacional de Baristas Profesionales y el tercero Internacional de Cata de Café para...

leer más
Etiquetas:
04/02/2023

Sete locais hostaleiros asociados a AciaFozCCA ofrecerán do 6 ao 12 de febreiro cafés especiais con motivo da celebración do Campionato Internacional de Baristas no IES de Foz. 

Desde Xoyma José Manuel Martínez explicou que “ocorréusenos que a hostalería local puidese ofrecer eses días cafés especiais á súa clientela, co obxectivo de que ese importante evento que se celebra no IES de Foz tamén estea na rúa, nos nosos establecementos. Gustounos a idea de que a vila estivese implicada deste xeito”. 

Os locais que servirán cafés especiais á súa clientela son: Augas Santas, Dandy, Marexada, O Muelle, Pizzería Xoíña, Tangarte e Xoyma. 

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, o alcalde focego, Fran Cajoto, o concelleiro de Comercio, Chema Linares, así como representantes dos locais...

leer más