Romaría
O Monte Castelo de Burela acollerá os días 24, 25 e 26 de xullo unha nova edición da súa tradicional romaría, organizada pola Asociación R.C.M. Amigos do Monte Castelo, coa colaboración do Concello de Burela e de diferentes entidades e establecementos locais.
A programación comezará o venres 24 de xullo ás 20.00 horas cunha misa na igrexa de Vila do Medio. A partir das 21.00 horas celebrarase unha sardiñada popular, cun menú composto por sardiñas, chicharro, cachelos, pan e viño, a un prezo de oito euros. Os tíckets poden adquirirse anticipadamente na Perruquería Reme, Cafetería Vista Alegre, Valle de Oro, A Mares e Urbana. A xornada do venres completarase desde as 22.30 horas coa actuación do grupo Pekados e a música do DJ Balbi.
O programa continuará o sábado 25 ás 14.00 horas cunha sesión vermú amenizada por SP...
leer másA parroquia de San Adriano, no municipio de Lourenzá, celebrará a festa romaría na honra ao seu patrón o día 16 de xuño, martes.
As actividades comezarán ás 9:00 horas coa primeira misa, ás 10:00 horas será a rogación, seguida de misa; ás 13:00 horas celebrarase a misa de mediodía seguida de sesión vermú co dúo Venus.
E ás 19.00 horas haberá a última misa e de seguido festa verbena co dúo Venus e o grupo D' Cano.
Dende o Departamento de Investigación Social e Turismo do Concello de Xove organízase a Romaría ao San Antonio Ventureiro da Rigueira, o próximo 13 de xuño. “Este ano é unha edición especial xa que, despois da declaración por parte do Consello de Turismo de Festa de Interese Turístico de Galicia no ano 2023, é o primeira vez que a festividade cae en sábado, polo que se espera unha gran concorrencia de público”, destaca o Concello de Xove.
Ata o próximo 11 de xuño todas aquelas persoas que desexen participar da romaría poderán anotarse no Concello de Xove para obter a Ventura e a flor do San Antonio ó concluír o camiño. Poden anotarse no despacho da socióloga do Concello ou chamando ao teléfono 982.592.001, ou tamén enviando un correo electrónico a lucia@xove.es.
O Concello de...
leer másA Xunta de Galicia e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo anuncian que colaboran cos organizadores da Romaría do Bispo Santo, que se celebrará desde este venres, 15 de maio, ata o domingo 17 en Mourente, no municipio de Foz.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, destacou durante a presentación do programa “a vixencia dunha tradición con máis de 300 anos de antigüidade, que se transmite de xeración e xeración e segue a ser un dos eventos máis populares da Mariña”.
A asociación cívico-cultural Bispo Santo deu a coñecer as actividades previstas, “entre as que destaca o apartado musical; o venres actuarán as orquestras Show M3 e Origen; o sábado, o Grupo Sensación e Panorama City; e o domingo Los Satélites e Festicultores. Tamén haberá propostas para os máis pequenos, como o espectáculo infantil de...
leer másO Concello de Burela organiza unha nova edición da romaría Monte Castelo, que se celebrará do 25 ao 27 de xullo na área recreativa do mesmo nome.
A programación arranca o venres 25, coincidindo co do Día de Galicia, para celebrar a 3ª Pancetada Popular, organizada polo Concello de Burela, o Club Baloncesto Burela e a SD Burela, en colaboración coa romaría Monte Castelo. A cita gastronómica comezará ás 20:30 horas, con racións de panceta, chourizo, peixe, pan e bebida a un prezo de 10 euros. A venda anticipada está xa dispoñible na Cafetería Vista Alegre e en Beep Informática.
Ás 22:30 horas, o grupo De Ninghures ofrecerá o concerto principal da noite, seguido do Dúo Venus e DJ Balbi, como peche de xornada.
O sábado 26 a programación inclúe sesión vermú co grupo Casablanca, xogos infantís...
leer másA asociación Camiñantes e Camiños e o Celta Barreiros, organizan a Romaría na honra a Santo Estevo do Ermo, que terá lugar este sábado, 5 de xullo. Contan coa colaboración de Barreiros Mar e Monte.
O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explica que “a Romaría de Santo Estevo do Ermo é unha tradición de moitos anos que os veciños e veciñas de Barreiros teñen moi presente e por iso desde a asociación Camiñantes e Camiños a organizamos neste 2025 xunto co Celta Barreiros e preparamos un sábado cheo de actividades”.
O programa deseñado para o 5 de xullo é o seguinte: “comezaremos cunha ruta de polo entorno de Santo Estevo ás dez da mañá. Á unha do mediodía teremos misa cantada e logo procesión. Despois ás 13:30 horas degustación gratuíta de torresmos e ás 14 horas grande churrascada. Xa para as tres...
leer másO colectivo creado para lembrar o labor de Isaac Díaz Pardo organiza unha romaría en Sargadelos (Cervo) o día 12 de xullo, sábado.
“O grupo Isaac Sargadelos, formado por un conxunto de artistas, comerciantes e asociacións culturais e creado de forma espontánea a partir das inquietantes noticias do peche da actual fábrica de Sargadelos, quere convidar á cidadanía en xeral, a unha romaría, que terá lugar o sábado 12 de xullo de 2025 no escenario do xantar do merendeiro ao pé do Paseo dos Namorados, do conxunto histórico artístico de Sargadelos e na Sala das Carboeiras. Queremos mostrar e compartir a importancia material e emocional que supuxo e supón a fábrica de Sargadelos, tanto no eido creativo e cultural como no laboral e social”, anuncia o colectivo organizador do evento.
Tamén explican que “para divulgar o...
leer másA parroquia de San Adriano, no concello de Lourenzá, celebrará a festa romaría na honra do seu patrón o día 16 de xuño, luns.
As actividades comezarán ás 9:00 horas coa primeira misa; ás 10:00 haberá a rogación, seguida dunha misa; ás 13:00 horas celebrarase a misa de mediodía, seguida de sesión vermú a cargo da orquestra Miramar. E ás 19:00 horas será a última misa e de seguido festa verbena co dúo Epo-K e a orquestra Miramar.
A romaría de San Antonio da Rigueira, no concello de Xove, celebrarase os días 13 e 14 de xuño, venres e sábado. Foi presentada polo alcalde, Demetrio Salgueiro; a concelleira de Turismo, Cecilia Duarte, e os directivos da comisión organizadora do evento José Antonio e Juan.
O Concello de Xove anuncia que para facer a romaría o venres 13 e recibir a ventura e o lirio branco ao chegar á igrexa as persoas interesadas poden inscribirse ata o mércores 11 ás 13:00 horas por teléfono a través do número 982.59.20.01 ou do e-mail lucia@xove.es. Para anotarse no xantar popular do venres pode facerse nos teléfonos 669.896.848 ou 669.302.211 ata o 10 de xuño.
As actividades comezarán o venres 13, día no que haberá misas ás 10:00, 11:30, 18:30 e 20.30 horas; ás 13:00 horas celebrarase misa...
leer másEsta fin de semana, sábado 7 e domingo 8 de xuño, celébrase a romaría de Santo Estevo de Pagá en San Miguel de Reinante (Barreiros).
As actividades comezarán o sábado ás 13:00 horas con misa solemne e despois haberá procesión e sesión vermú amenizada polo dúo Belinda e con chourizos e empanada gratis. Ás 18:00 horas actuará o grupo folclórico O Arco da Vella e ás 22:00 horas empezará a verbena co dúo Belinda e Disco Móvil The Sound Project.
O domingo ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión. Despois haberá degustación de chourizos e empanada gratis e sesión vermú longa a cargo do dúo Cover.












