As San Lucas
A deputada provincial de Cultura, Iria Castro, participou este mércores na presentación da 869 edición das San Lucas de Mondoñedo, que contan co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. As actividades arredor do cabalo centran a axenda das festas que se celebran do 16 ao 20 de outubro e que terán como pregoeiro a Carlos Folgueira, herdeiro do legado do Rei das Tartas, e que renderán homenaxe a Xosé Vizoso.
A baixada dos cabalos desde os montes próximos ata o campo da feira, con paso polo Barrio dos Muíños, a rúa San Roque, a Fonte Vella ou a Praza da Catedral -o día 17- e a gran feira tradicional de gando cabalar -o día 18- serán as principais actividades arredor do cabalo no programa das feiras, que acollerán certames de andadura, concursos morfolóxicos e espectáculos de doma nocturna.
Iria Castro...
leer másO cantante canario Tutto Durán actuará en Mondoñedo o día 18 de outubro, sábado, ás 20:00 horas no auditorio Pascual Veiga, dentro do programa das festas de As San Lucas.
A organización dos festexos anuncia: “As San Lucas nacen en Galicia... pero xa son do mundo. Este ano a música, a festa e a tradición mestúranse para ofrecer unha programación que non entende de fronteiras nin de idades: grupos folclóricos, sesións vermús, verbenas coas mellores orquestras, monólogo, espectáculos para cativ@s, títeres, maxia, … E comezamos presentando unha das actuacións musicais: Tutto Durán, dende Canarias, chega a Mondoñedo para facer vibrar o Auditorio Pascual Veiga. Un concerto para quen vive a feira tamén de noite, para quen entende que celebrar é compartir”.
As entradas para o concerto de Tutto Durán en Mondoñedo están xa...
leer másO empresario Carlos Folgueira será o pregoeiro das festas das San Lucas de Mondoñedo o 16 de outubro
A asociación organizadora das festas das San Lucas de Mondoñedo anuncia o pregoeiro desta edición dos festexos: o empresario mindoniense Carlos Folgueira. O pregón será o xoves 16 de outubro ás 21:00 horas no Auditorio Municipal Pascual Veiga.
A asociación As San Lucas destaca que Carlos Folgueira é “herdeiro do legado do inesquecible Rei das Tartas e continuador dunha tradición que fixo da Tarta de Mondoñedo un símbolo coñecido por Galicia adiante e polo mundo enteiro. A nosa tarta non é só un doce: é memoria, é identidade, é o sabor de Mondoñedo en cada celebración. Nas nosas pastelerías elaborouse sempre con agarimo e de xeración en xeración foi pasando de mesa en mesa, de familia en familia, ata converterse nun verdadeiro coro de lembranzas. Dentro deste orgullo común, a familia Folgueira tivo un papel especial: fixo que a Tarta de...
leer másA asociación As San Lucas anunciou: “o pregoeiro seleccionado por esta comisión organizadora e que aceptou gustosamente honrarnos coa súa presenza o vindeiro 16 de outubro de 2024 para a celebración da 868 edición das Feiras e Festas de As San Lucas é Don Jesús Díaz Fernández (mestre, diplomado en gastronomia internacional, dietética e nutrición. Foi maître de cuisine no Palace Hotel GSTAAD). Levou a cociña de Cunqueiro ás entrañas helvéticas, demostrando o bo saber e facer da gastronomía do noso país. É un dos fundadores do Centro Galego na capital Suiza de Berna”.
“Agardámosvos para compartir a marabillosa noite do 16 de outubro co que darán comezo as Feiras e Festas de As San Lucas 2024”, rematan os organizadores dos festexos de Mondoñedo.
A asociación organizadora das feiras e festas de As San Lucas, en Mondoñedo, anuncia os participantes no espectáculo de doma nocturna de cabalos que haberá os días 18 e 19 de outubro, venres e sábado, ás 21:00 horas na Praza da Catedral mindoniense. Son Marie Alice, Santiago Amador, Kevin Ferreira e Javier Simón.
Os organizadores explican que “Santiago Amador foi campión de Andalucía, de España e do mundo en alta escola española; Kevin Ferreira, dende Francia repite como o mellor volteador de Europa; Marie Alice Simeoni, tamén dende Francia, traballa con 4 ponis en liberdade acompañados de dous cans, que fan desta domadora un espectáculo único; e Javier Simón, o culpable de que sigamos contando con este evento un ano máis, que nos acompañará co seu poni Jeromi”.