Noite irisada
01/07/2025
Este mércores, día 2 de xullo, dentro da programación do Orgullo LGTBIQ+ en Burela, proxectarase o documental titulado Noite Irisada. Será no salón de plenos do Concello ás 19:30 horas, con entrada libre ata completar aforo.
O Concello de Burela explica que este documental “recolle a loita polos dereitos das persoas sexualmente diversas a través dos testemuños das súas protagonistas. A película visibiliza unha historia de represión, pero tamén de liberación, cunha data clave: o 28 de xuño de 1981, cando Vigo acolleu a primeira manifestación do Orgullo organizada polo movemento galego”.