Pinturas
O complexo cultural Regal Xunqueira, no municipio de Viveiro, exporá pinturas de Fernando Laxe Bouzamayor do 4 de setembro ao 4 de novembro.
A mostra, titulada Óleos - Obra reciente 2020-2026, será inaugurada este venres, día 4 de setembro, ás 20:30 horas.
O artista Fernando Laxe Bouzamayor dá a coñecer a súa traxectoria artística: “comienzo mi actividad como pintor en torno al año 68 del pasado siglo. Mi primera curiosidad va dirigida hacia el expresionismo costumbrista, tomando como tema el de los personajes con los que compartía mi entorno local, en mi aldea. Pronto pasé a buscar inspiración, o referencias en bodegones o paisajes realistas. Y de ellos pasé a adentrarme en un mundo surreal con referencias en Magritte, que aun no conocía, pero con el que tuve cosas en común, lo mismo que con Dalí. Esta...
leer másA Casa da Cultura de O Vicedo acolle unha exposición de pinturas de Nerea Fernández Pazos. Poderá visitarse ata o día 15 de setembro no horario de apertura do local: de 10:00 a 14:00 e de 19:00 a 21:00 horas.
O Concello de O Vicedo recomenda: “non deixedes de visitala nalgún momento e disfrutar da obra desta rapaza do Vicedo”.
O Complexo Cultural Regal Xunqueira, que está nesa parroquia do municipio de Viveiro, acollerá unha exposición de pinturas da artista ferrolá María José Leira. Esta mostra, titulada Buracos por onde entra o aire, será inaugurada este venres, día 10 de abril, as 20:30 horas e poderá visitarse ata o día 28 de maio
A artista explica: “fan falta máis de sesenta uns para contar os anos que levo traballando na pintura de cadros. Aprendín de nova debuxando a realidade -hoxe pregúntome cal realidade-; despois mergulleime nos ismos: puntillismo, expresionismo, cubismo, orfismo, fauvismo, futurismo e dadaísmo,… cos que aprendín a desaprender o que aprendera e a mirar cara a dentro. Deste xeito hoxe pinto elementos amoreados, comprimidos, insinuados ou rematados, cheos de cor, libres da vacua verborreira, para deleite ou desgusto de quen os...
leer másA Oficina de Turismo de Ribadeo acollerá do 29 de marzo ao 3 de abril unha exposición de pintura homenaxe a Álvaro Prieto Álvarez (Alpri).
Na mostra, titulada Momentos, poderanse ver arredor de 30 creacións deste pintor afeccionado ribadense falecido en maio do pasado ano 2025. Está organizada pola súa familia e conta coa colaboración do Concello de Ribadeo.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, anima a visitala: “recomendámosvos que veñades vela, ides disfrutala moito”.
A exposición foi presentada por Begoña Sanjurjo xunto a algúns dos irmáns de Álvaro Prieto Álvarez.
A Casa da Cultura de San Ciprián, no concello de Cervo, acollerá unha exposición de pinturas de Xosé López Losada (Xolo) desde este mércores, día 20 de agosto, ata o 30 de setembro.
“O artista Xosé López Losada (Xolo) tráenos unha selección de obras cheas de cor, creatividade e expresividade. Unha viaxe artística a través de máis de 70 cadros, onde cada peza conta a súa propia historia. Non te perdas a inauguración: mércores 20 de agosto ás 17:30 horas, na Casa da Cultura (San Ciprián). Ven e goza da arte tanto como Xolo o fixo ao creala”, anuncia o Concello de Cervo.
E Xosé López Losada explica: “nacín en Ourol o 8 de abril de 1967. A arte é toda a miña vida. Comeza a miña carreira artística aos 5 anos. Aos 8 anos merco as primeiras acuarelas e fago unha copia dunha obra de Velázquez.
En...
leer másEl artista madrileño Luís Miguel Gallego Blázquez expone una serie de sus pinturas en Ribadeo desde este martes, día 12 de agosto, hasta el 22 de este mes.
El Ayuntamiento de Ribadeo anuncia que la muestra estará en la Casa do Viejo Pancho y podrá visitarse de 19:00 a 21:00 horas.
O Concello de Cervo anuncia que este venres, día 2 de agosto, será inaugurada a exposición de pintura titulada Espazos Habitados, de Blanca Dacal. O acto está previsto para as 19:00 horas na sala de mostras da Casa da Cultura, en San Ciprián.
Espazos Habitados é o título elixido para a exposición que “é unha viaxe de 25 anos a través da cor polos lugares non que viviu, sentiu e desenvolveu a autora a súa obra pictórica, A Alcarria, Madrid, Cádiz, Bos Aires, A Coruña, Xixón e San Ciprián. Son cadros que, resistindo a 15 mudanzas e reubicacións, mantivéronse decorando e creando espazos. Estas pinturas son testemuñas, compañeiras, reflexos de miradas, paseos, sonos, achados, partícipes de familia, amigas, amigos, vínculos, chanzos e moitas veces só presenza de espazos”.
Este verán a Sala das Carboeiras, en Sargadelos, acollerá unha nova e marabillosa exposición de pintura titulada “Da cor ao Xesto”, unha mostra de pinturas e tintas de Costafreda. A inauguración terá lugar o próximo venres, 12 de xullo, ás 19:00 horas, e a exposición permanecerá aberta ao público ata o 15 de agosto.
A mostra incluirá uns 60 cadros de diferente formato, abarcando acrílicos, sumi-é tradicional e técnicas mixtas en tinta, ofrecendo así unha variedade de estilos e técnicas para o deleite dos visitantes.
Como actividade complementaria, a artista impartirá un taller intensivo de pintura Zen sumi-é, promovido polo Concello de Cervo. Este obradoiro terá lugar os venres 26 de xullo e 2 de agosto de 19:00 a 21:00 horas.
A inscrición para o taller é gratuíta e pode realizarse na...
leer másO complexo cultural Regal Xunqueira, en Viveiro, acollerá unha exposición de pinturas de María José Redondo Goicoechea desde o día 7 de xuño ata o 17 de xullo. A mostra, titulada “Pintando el interior. El camino inverso”, será inaugurada este venres ás 20:30 horas. No acto “servirase un viño e algo de comer”, anuncian.
Desde Regal Xunqueira explican que María José Redondo “nació en San Sebastián en 1935. De 1952 a 1956 fue discípula de dibujo y pintura de Manuel Gutiérrez-Navas. Estudia Bellas Artes en la Real Academia de San Fernando y fue profesora de dibujo por la Facultad de Bellas Artes de la Universidad Complutense de Madrid. De 1955 a 1962 participa en exposiciones colectivas en Madrid, Valencia, Ciudad Real, Puerto Llano, Talavera y Segovia. Estudia cerámica y realiza murales exteriores para organismos privados. De 1971 a 1974 fue...
leer másA sala de exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro acollerá desde este mércores, 24 de abril, ata o 4 de maio unha mostra de pinturas realizadas pola artista holandesa Simone Nijkamp, que faleceu en Baroso (Ourol) no ano 2021. É unha actividade organizada polo Seminario de Estudos Terra de Viveiro.
A exposición, titulada “Miradas / Olladas”, será inaugurada este mércores ás 20:00 horas. Intervirán no acto a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o alcalde de Ourol, José Luis Pajón; o presidente do Seminario de Estudos Terra de Viveiro, Carlos Nuevo; ademais de familiares e amigos de Simone Nijkamp. E haberá unha actuación musical a cargo de Lino Rico e Esperanza Pérez.












