Mercado do Nadal

28/10/2016
Está aberto o prazo para participar no XIV Mercado de Nadal, que terá lugar do 8 ao 11 de decembro no parque de San Francisco, en Ribadeo.
 
A Concellaría de Desenvolvemento Local abriu o prazo de inscrición na XIV edición do Mercado de Nadal, que terá lugar os días 8, 9, 10 e 11 de decembro. Os interesados poden presentar as súas solicitudes ata o 10 de novembro.
 
A edil nacionalista Ana Martínez dixo que “dende o Concello de Ribadeo, dentro da dinamización non soamente turística senón tamén nun espazo de oportunidades para os profesionais relacionados coa artesanía e o deseño, para os novos creadores e creadoras que se moven dentro do mundo da artesanía e da creatividade, seguimos apostando polo xa tradicional Mercado de Nadal que con esta son catorce as edicións que durante a ponte do mes de decembro en Ribadeo se dispón para que toda esta xente poida presentar, vender e dar a coñecer o seu traballo”.
 
... leer más
03/12/2015
Vintecinco artesáns participan do 5 ao 8 de decembro no XIII Mercado do Nadal de Ribadeo. Está situado na rúa San Francisco e no parque.
 
O XIII Mercado de Nadal de Ribadeo abre as súas portas este sábado, 5 de decembro, ás 17 horas da tarde. Ata o martes, día 8, haberá 25 postos na rúa San Francisco e no parque nos que se poderán atopar pezas de artesanía, alimentación, vestido e calzado, entre outras propostas. O evento foi presentado esta mañá polo alcalde, Fernando Suárez, e pola concelleira de Turismo, Comercio e Desenvolvemento Local, Ana Martínez. O goberno local confía en que esta iniciativa volva arrastrar a veciños e visitantes á vila e que repercuta no comercio e na hostalaría. Ademais do Mercado, aberto durante a ponte festiva, tamén nestes días está previsto o acendido da iluminación de Nadal na vila de Ribadeo. 
O rexedor dixo que “nesta 13ª edición do Mercado de Nadal dende o Concello queremos...
leer más
16/10/2015
O Concello de Ribadeo ultima os preparativos do XIII Mercado do Nadal, que terá lugar na rúa San Francisco do 5 ao 8 de decembro.
 
Ata o 6 de novembro estará aberto o prazo de inscrición para participar no XIII Mercado do Nadal, que terá lugar en Ribadeo do 5 ao 8 de decembro. 
Segundo explican desde a Concellaría de Desenvolvemento Local “o Mercado de Nadal quere ser un espazo de oportunidades para os profesionais relacionados coa artesanía e co deseño, onde se visibilice o traballo e o talento creativo e innovador dos creadores/as, artistas e artesáns. Nesta edición queremos dar un pulo a novos creadores e emprendementos no eido da artesanía e da creatividade. O noso mercado estará aberto aos artesáns, artistas e creadores nos ámbitos da ilustración, a fotografía, o deseño gráfico, xoguetería, complementos, roupa e deseño doutros produtos en xeral”.
Os...
leer más
05/12/2014
Esta mañá abríu as súas portas en Ribadeo o XII Mercado do Nadal. 25 expositores participarán neste mercado de artesanía e deseño ata o 8 de decembro.
 
En Ribadeo abriu as súas portas esta mañá o XII Mercado do Nadal, unha cita coa artesanía e co deseño, que se celebra na rúa Doutor Moreda. Conta coa participación de 25 expositores e permanecerá aberto ata a tarde do vindeiro luns, 8 de decembro. Paralelamente á ampla actividade comercial, o Mercado do Nadal contará cun variado programa de actos lúdicos, tanto para nenos coma para maiores. O alcalde, Fernando Suárez, e a concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo, Ana Martínez, visitarán aos 25 artesáns participantes esta tarde a partir das 19 horas. Antes, ás 17:30 horas, a Asociación Amigos da Gaita de Ribadeo organizará un obradoiro de pandeiretas e baile galego con chocolatada, dirixido a nenos de entre 3 e 12 anos. Posteriormente, a partir das 20:00 horas esta mesma asociación musical ofrecerá unha...
leer más