bailes de salón
O Concello de Burela pon en marcha unha nova edición das Clases de Bailes de Salón, unha proposta dirixida á veciñanza que se desenvolverá os domingos en horario de 19:00 a 20:30 horas.
Trátase dunha iniciativa que, segundo explicou a concelleira de Servizos Sociais, Sandra Fernández, “está pensada para fomentar a actividade física, o lecer saudable e a participación social a través do baile”.
A concelleira engadiu que con esta proposta “quérese seguir impulsando actividades que favorezan o encontro entre veciñas e veciños, que promovan hábitos de vida saudables e que, ao mesmo tempo, sexan espazos de diversión e aprendizaxe”.
As persoas interesadas poderán inscribirse e solicitar información na Casa do Concello. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.
... leer másO Concello de Cervo anima á veciñanza a participar nas clases de baile de salón que promove a asociación ARAMA e a escola de baile Hover Cross. O curso dará comezo este mércores, día 10 de setembro, ás 21:00 horas no Pavillón do CEIP Península da Paz, en San Ciprián.
As persoas interesadas poden inscribirse ou solicitar información nos teléfonos: 648.033.250, 620.817.300 ou 630.864.427.
As sesións, dunha hora á semana, serán impartidas por profesores titulados en: vals, pasodobre, tango, foxtrot, merengue, cumbia, bachata, salsa e chachachá.
A actividade foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés; o presidente da asociación ARAMA (Asociación de Rehabilitación de Alcohólicos de A Mariña), Manuel Casas; e o profesor de baile internacional Francisco Villarino.
O Concello de Trabada anuncia que está aberto o prazo de inscrición para participar nas actividades de pilates e baile de salón, que se impartirán todos os xoves a partir de setembro na sala multiusos da Casa da Cultura.
De 18:00 a 19:00 horas será pilates, cun prezo de 30 euros por persoa ao mes. Pola súa banda, o baile de salón terá lugar de 19:00 a 20:00 horas, cun custo mensual de 30 euros por persoa ou 50 euros no caso de inscricións en parella. Non é obrigatorio anotarse por parellas para participar.
As prazas son limitadas e as inscricións poden realizarse ata o 29 de agosto nas oficinas municipais do Concello ou chamando ao teléfono 982.135.011.
O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou: “continuamos ofertando diferentes actividades deportivas e culturais para todos os públicos...
leer másDesde o día 4 de novembro o pavillón municipal de Trabada acollerá tódolos luns de 19:00 a 20:00 horas clases de bailes de salón.
“Desde o Concello continuamos na liña de ofrecer un completo programa de actividades durante todo o ano, neste caso con bailes de salón para persoas de idades diferentes”, asegura o alcalde de Trabada, Rubén García.
O prezo por persoa é de 30 euros ao mes e a inscrición é individual, non é necesario ir en parella ás clases.
As inscricións poden facerse ata o 28 de outubro nas oficinas municipais ou a través do teléfono 982.13.50.11.






