San Cipriá
O Concello de Cervo anima á veciñanza a participar nas clases de baile de salón que promove a asociación ARAMA e a escola de baile Hover Cross. O curso dará comezo este mércores, día 10 de setembro, ás 21:00 horas no Pavillón do CEIP Península da Paz, en San Ciprián.
As persoas interesadas poden inscribirse ou solicitar información nos teléfonos: 648.033.250, 620.817.300 ou 630.864.427.
As sesións, dunha hora á semana, serán impartidas por profesores titulados en: vals, pasodobre, tango, foxtrot, merengue, cumbia, bachata, salsa e chachachá.
A actividade foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés; o presidente da asociación ARAMA (Asociación de Rehabilitación de Alcohólicos de A Mariña), Manuel Casas; e o profesor de baile internacional Francisco Villarino.