Garda Real
Este venres, día 8 de maio, Lourenzá recibirá a visita da Garda Real cunha xornada de actividades abertas á veciñanza.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos.
O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
A Compañía Mar Océano, da Garda Real, chega a Foz este mércores, día 6 de maio, nos exercicios institucionais que está realizando pola provincia de Lugo. Durante eses tres días realizarán diversas actividades para achegar o seu traballo á cidadanía.
Na Praza Conde de Fontao instalarase unha exposición de material e armamento militar. Estará o mércores en horario de mañá (de 10.30 a 13.30 horas) e o xoves e venres en horario de tarde (de 17.30 a 20.30 horas). O mesmo mércores na mesma situación haberá unha pista de obstáculos infantil, para que podan desfrutar os máis pequenos. Ás 20.00 horas a actividade trasladade ao Paseo de Colón (praia da Rapadoira) para a exhibición de movementos floreados e o arriado de bandeiras.
O xoves 7 de maio a Compañía e todos aqueles que desexen acompañalos realizará unha marcha...
leer másViveiro será escenario esta semana, concretamente o mércores día 6 e o xoves 7, de varias actividades da Garda Real, no marco da súa presenza na provincia de Lugo.
O programa “está pensado para achegar á cidadanía o traballo e as capacidades da unidade a través de propostas abertas ao público”, explica o Concello de Viveiro, que anuncia: “entre as actividades previstas figuran as visitas a centros educativos, que terán lugar o mércores 6 e o xoves 7 pola mañá. Con elas búscase achegar o labor da Garda Real aos alumnos e ofrecerlles unha oportunidade de coñecer máis de preto o traballo que desenvolven as súas unidades. A programación continuará o mércores 6 de maio ás 18.00 horas cunha xornada de adestramento canino na Praza Maior. As persoas que así o desexen poderán acudir cos seus cans para recibir orientación por parte dos efectivos da...
leer más





