
O Concello de Burela pon en marcha unha nova edición das Clases de Bailes de Salón, unha proposta dirixida á veciñanza que se desenvolverá os domingos en horario de 19:00 a 20:30 horas.
Trátase dunha iniciativa que, segundo explicou a concelleira de Servizos Sociais, Sandra Fernández, “está pensada para fomentar a actividade física, o lecer saudable e a participación social a través do baile”.
A concelleira engadiu que con esta proposta “quérese seguir impulsando actividades que favorezan o encontro entre veciñas e veciños, que promovan hábitos de vida saudables e que, ao mesmo tempo, sexan espazos de diversión e aprendizaxe”.
As persoas interesadas poderán inscribirse e solicitar información na Casa do Concello. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.
Dende o Concello enmarcan esta actividade na súa “aposta por ofrecer alternativas de lecer activo que contribúan á dinamización social do municipio”.


