Clases
O Concello de Cervo colabora co Club Xadrez San Roque, de Viveiro, na organización de clases de xadrez que se desenvolverán os mércores, de 16:45 a 18:00 horas, na Casa do Mar.
A presentación da actividade correu a cargo da alcaldesa, Dolores García Caramés, acompañada por Aitor López, presidente do Club Xadrez San Roque e mestre desta disciplina, que será o encargado de dirixir as clases.
O Concello de Cervo explica que esta iniciativa “ofrece ás nenas e nenos do municipio a oportunidade de achegarse ao xadrez, aprender e mellorar as súas habilidades nunha actividade que fomenta a concentración, a memoria, a paciencia, o razoamento lóxico e a toma de decisións”.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, destacou a importancia de apoiar propostas deportivas e de lecer dirixidas á infancia e á...
leer másO Concello de Cervo anima á veciñanza a participar nas clases de baile de salón promovidas pola Asociación Arama e a Escola de Baile Hover Cross, “unha proposta pensada para achegar o baile e a actividade física a persoas de diferentes idades e que se desenvolverá os martes, no pavillón do CEIP Península da Paz, en San Ciprián”. As clases arrincarán o 15 de setembro, ás 21:00 horas.
A iniciativa foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés e a concelleira, Mali Méndez, xunto co presidente de Arama, Manuel Casas, o profesor internacional de baile de salón Francisco Villarino e a profesora Saray Morales, que se encargarán da formación.
O Concello de Cervo explica que as clases “terán unha periodicidade semanal e estarán impartidas por profesorado titulado, ofrecendo a oportunidade de iniciarse ou...
leer másO Concello de Burela pon en marcha unha nova edición das Clases de Bailes de Salón, unha proposta dirixida á veciñanza que se desenvolverá os domingos en horario de 19:00 a 20:30 horas.
Trátase dunha iniciativa que, segundo explicou a concelleira de Servizos Sociais, Sandra Fernández, “está pensada para fomentar a actividade física, o lecer saudable e a participación social a través do baile”.
A concelleira engadiu que con esta proposta “quérese seguir impulsando actividades que favorezan o encontro entre veciñas e veciños, que promovan hábitos de vida saudables e que, ao mesmo tempo, sexan espazos de diversión e aprendizaxe”.
As persoas interesadas poderán inscribirse e solicitar información na Casa do Concello. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.
... leer másAlfoz acollerá clases de baile de verbena os xoves desde febreiro ata xuño de 18:30 a 19:30 horas.
O Concello de Alfoz colabora nesta actividade “pensada para aprender, moverse e gozar ao ritmo de rumbas, pasodobres, bachatas, tangos e moito máis. Unha proposta aberta para pasalo ben, aprender pasos novos e compartir baile en boa compañía”.
O prezo é de 35 euros por persoa ao mes e os interesados en participar deben anotarse previamente a través do teléfono 982.55.80.01.
A Asociación Cultural e Deportiva As Minas, da Pontenova, ofrece clases de batucada a partir de outubro. Para participar hai que inscribirse e o prazo remata este xoves, 25 de setembro.
A organización explica que esta actividade é para todas as idades e non é necesaria experiencia previa. Tamén anuncian que as persoas interesadas poderán participar nun día gratuíto de proba o sábado 4 de outubro pola mañá.
Para inscribirse e máis información o teléfono de contacto é o 626.098.702.
A actividade de Surf das Escolas Deportivas Municipais de Barreiros abre o prazo de inscrición o vindeiro luns, 3 de marzo. Están dirixidas á rapazada de 8 a 16 anos e darán comezo o mércores 2 de abril na praia de Coto. Desenvolveranse ata o xoves 26 de xuño mércores e/ou xoves de 17:00 a 18:30 horas, con monitores titulados.
A folla de inscrición é a mesma que a empregada en setembro e está dispoñible na web municipal (...
leer másO Centro Sociocomunitario de Mondoñedo ofrece clases de baile para todas as idades. Serán os mércores de 16:30 a 18:00 horas.
“Abrimos listas de persoas interesadas en facer grupo de baile. Podedes apuntarvos no Centro Sociocomunitario de Mondoñedo ou chamando aos teléfonos 982.82.83.89 ou 982.82.83.91. Aberto a toda a poboación”, anuncian.
Desde o día 4 de novembro o pavillón municipal de Trabada acollerá tódolos luns de 19:00 a 20:00 horas clases de bailes de salón.
“Desde o Concello continuamos na liña de ofrecer un completo programa de actividades durante todo o ano, neste caso con bailes de salón para persoas de idades diferentes”, asegura o alcalde de Trabada, Rubén García.
O prezo por persoa é de 30 euros ao mes e a inscrición é individual, non é necesario ir en parella ás clases.
As inscricións poden facerse ata o 28 de outubro nas oficinas municipais ou a través do teléfono 982.13.50.11.
O Concello de Barreiros volve a ofertar clases de baile a partir de outubro. Realizaranse os mércores de 17:30 a 18:30 horas nos colexios vellos de San Miguel e de 19 a 20 horas no centro sociocultural de San Cosme. As clases estarán orientadas á iniciación nos bailes de verbena con modalidades como tango, bachata, salsa, vals, etcétera.
As clases serán impartidas por María Dolores González Alves, profesional recoñecida con anos de experiencia no baile e a docencia. Terán un prezo por persoa de 15 euros o mes e comezarán o día 2 de outubro. Toda persoa interesada deberá facer a inscrición nas oficinas do Concello de Barreiros ata completar prazas.
A actividade de baile súmase ás de ximnasia de mantemento, ioga, pilates, zumba e espalda saudable, actividades ofertadas nas escolas deportivas de adultos que se...
leer másDentro do programa municipal de fomento do deporte o Concello de Alfoz oferta a modalidade de ioga, que se leva a cabo na Escola de Nenos de Adelán en dous grupos diferentes: grupo A, con 2 horas á semana (martes e xoves de 17:00 a 18:00 horas); e grupo B, con 1 hora á semana (martes de 18:30 a 19:30 horas).
Para máis información os interesados poden chamar ao teléfono 982.558.001 (extensión 1) e as inscricións realízanse na Oficina de Rexistro do Concello de Alfoz.












