Peregrinación
A delegación de Peregrinacións, piedade popular, santuarios e Camiño de Santiago da Diocese Mondoñedo-Ferrol, a través dunha comisión especial, será a encargada de organizar a peregrinación diocesana á cidade de Tui, co gallo da ordenación episcopal do ribadense Antonio Valín Valdés, ata o de agora vigairo xeral de Mondoñedo-Ferrol e nomeado recentemente bispo de Tui-Vigo.
A viaxe terá lugar o sábado 20 de xullo e o prazo de inscrición estará aberto ata o 24 de xuño, sen límite de prazas. O desprazamento farase en autocar, cun prezo aproximado de 35 euros por persoa, incluíndo a comida.
As persoas que desexen participar nesta peregrinación terán que contactar con calquera dos seguintes números de teléfono: zona da Mariña (Foz e Ribadeo), 678.312.109; zona de Ferrol, 639.903.393; zona de Terra Chá, 628.233.900;...
leer másA asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, rematará o vindeiro sábado, 22 de xuño, a súa peregrinación a Santiago por etapas semanais a través do Camiño de Inverno. O colectivo anima ademais a viaxar a Santiago a todas aquelas persoas da comarca que queiran pasar o vindeiro sábado na capital de Galicia.
Camiñantes e Camiños realizará ese día a novena etapa do Camiño de Inverno, de nove quilómetros. A saída en autobús, desde as inmediacións do centro de saúde de San Cosme, está prevista para as 6:45 horas.
O presidente da asociación Camiñantes e Camiños, José Manuel Gómez Puente, explica que “faremos eses nove quilómetros, entraremos na Catedral pola Porta Santa e asistiremos á misa do peregrino. Agardamos que poida asistir todo o grupo e así culminar como se merece esta peregrinación”.
... leer másCon motivo de la celebración del Año Jubilar Lebaniego 2023-2024, la delegación de Peregrinaciones, Santuarios, Religiosidad Popular y Camino de Santiago de la Diócesis de Mondoñedo-Ferrol convoca a la comunidad diocesana a participar en la peregrinación al santuario de Santo Toribio de Liébana, en Cantabria, que se desarrollará durante los días 11, 12 y 13 de febrero de 2024.
La Diócesis explica que “este anuncio se realiza con tanta antelación debido a que el plazo de inscripción finalizará el próximo 11 de diciembre, siendo las plazas limitadas. El precio del viaje es de 241 euros en habitación doble, con un suplemento de 61 euros para aquellas personas que soliciten una habitación individual. El primer pago para la confirmación de la reserva es de 119 euros, que tendrá que abonarse antes del 11 de diciembre. El autobús realizará...
leer másA asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, rematará o vindeiro sábado, 11 de xuño, a súa peregrinación a Santiago por etapas semanais a través do Camiño Inglés.
A pasada fin de semana realizaron a penúltima, que foi a comprendida entre A Rúa e Sionlla de Arriba. O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explicou que “foi unha etapa de 22 quilómetros e onde puidemos comprobar que cada vez estamos máis preparados fisicamente e coa ilusión de chegar a Santiago de Compostela”.
O vindeiro sábado, 11 de xuño, rematará esta peregrinación a través do Camiño Inglés: “faremos a última etapa ata Santiago, que ten un percorrido de 8 quilómetros. E entraremos na Catedral pola Porta Santa e asistiremos á misa do peregrino. Agardamos que poida asistir todo o grupo e así culminar como se merece esta...
leer másA asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, realizou onte a terceira etapa do Camiño Inglés. 46 persoas percorreron o treito comprendido entre Pontedeume e Betanzos.
O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explicou que “foi unha etapa dura, de subidas e baixadas, e longa, de 19 quilómetros, polo que chegamos cansados. Pasamos por zonas moi boscosas con subidas importantes. Saímos de Pontedeume e chegamos a Betanzos, onde acabamos a xornada cunha comida no restaurante El Arrozal, que estivo moi ben. Tivemos bo tempo porque foi un día de sol”.
E engadiu que “participamos 46 peregrinos da Mariña, sobre todo de Barreiros, Ribadeo, Trabada e Foz. Nesta etapa recibimos a visita da xefa de área provincial de Turismo en Lugo, Paloma Vázquez, que é desa zona, concretamente de Cabanas, xa que grazas a ela...
leer másO 13 de xuño celébrase a Romaría do San Antonio da Rigueira. A Delegación de Turismo, Investigación Social e Muller do Concello de Xove traballa dende hai nove anos na recuperación da antiga romaría, acadando un maior número de romeiras e romeiros en cada edición, ata o punto de dar xa por consolidada a súa recuperación.
Todas aquelas persoas que desexen participar nesta festa peregrinando ata a Igrexa da Rigueira, onde recibirán a Ventura –insignia de ter completado o camiño- e a Azucena –flor de San Antonio-, deben anotarse no Concello antes do 8 de xuño. As inscricións poden facerse no número de teléfono 982 592 001 ou no correo electrónico lucia@xove.es
Haberá oito rutas habilitadas ao longo de todo o concello, aínda que a maioría dos romeiros/as escollen saír xuntos de Xove...
leer másAs Concellerías de Turismo e Medio Ambiente organizan unha nova peregrinación que este ano será entre Compostela e Fisterra-Muxía. Dividirase en cinco etapas de 18 quilómetros cada unha delas, e a primeira será o 5 de maio. As persoas interesadas poden anotarse nas dependencias do Concello ou chamando ao teléfono 618 75 25 60.
O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, anunciou que “nesta ocasión imos facer o camiño de Fisterra a Muxía, empezamos en Santiago e acabaremos en Fisterra, e despois iremos a Muxía, pero iso será máis adiante en setembro”.
Gómez Puente sinala que “as persoas interesadas en participar nesta nova peregrinación poden chamar ao 618 75 25 60, que é o meu teléfono, ou achegarse persoalmente ao Concello de Barreiros”.
O edil barreirense explica que “...
leer másMañá, domingo, da comezo en Barreiros unha peregrinación a Santiago por etapas a través do Camiño Francés.
A saída en autobús será ás 7:30 horas desde a praza do Concello para chegar ao Cebreiro e desde alí facer a pé o treito ata Triacastela, uns 18 quilómetros. Esta peregrinación está organizada polas Concellerías de Cultura, Medio Ambiente e Turismo e pola OMIX de Barreiros.
Esta nova peregrinación realizarase en nove etapas. A primeira será a única que se faga en domingo, as outras oito serán en sábado, segundo anuncia o concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente.
As persoas interesadas en participar poden obter máis información no teléfono 618 75 25 60. O prezo que pagarán en total será de 55 euros.
O evento foi presentado nas últimas horas...
leer más