persoas maiores
En Viveiro haberá bailes de tarde este sábado, 17 de xaneiro, e os días 7 e de febreiro e 7 de marzo
O Concello de Viveiro impulsa o programa Viveiro Baila, unha proposta de lecer dirixida ás persoas maiores que ten como obxectivo “fomentar a convivencia, o benestar e a participación social a través da música e do baile”. Os bailes de tarde desenvolveranse no salón de actos do Conservatorio de Viveiro, sempre a partir das 19.00 horas, e contarán con actuacións musicais en directo. A programación prevista é a seguinte: o sábado 17 de xaneiro actuará o dúo Dilema; o sábado 7 de febreiro, o dúo Caramelo; e o sábado 7 de marzo, o dúo Venus.
Con esta iniciativa, o Concello de Viveiro “aposta por ofrecer espazos de encontro e actividades adaptadas ás persoas maiores, promovendo un envellecemento activo e unha vida social dinámica”.
O Concello de Alfoz organiza un obradoiro teórico práctico de psicomotricidade e de recuperación da memoria para persoas maiores. Será o venres 4 de abril ás 10:30 horas no Centro Sociocultural de Alfoz. Para participar hai que inscribirse ata o 31 de marzo no Concello de Alfoz ou a través do teléfono 982.55.80.01.
“Un espazo para aprender, compartir e, sobre todo, coidarnos! Contaremos coa colaboración da Escola Galega de Saúde e a psicóloga Jenifer Souto Pérez, especialista no coidado da saúde física e mental. Anímate a participar! Será un encontro enriquecedor para estimular a memoria, mellorar o movemento e, sobre todo, pasar un bo momento en boa compañía”, explica o Concello de Alfoz.




