Pontevedra

Etiquetas:
16/10/2025

O Concello de Trabada continúa co seu programa de viaxes culturais e de ocio, “unha iniciativa moi ben acollida pola veciñanza”. Nesta ocasión a proposta levará ás persoas participantes ao Balneario de Mondariz e á cidade de Pontevedra o 13 de decembro de 2025.

A actividade, cun prezo de 60 euros por persoa, inclúe: acceso ao Balneario de Mondariz, comida, visita ao Mercadiño de Nadal de Pontevedra e seguro de viaxe. A saída será ás 7:30 horas dende o Concello de Trabada e o regreso está previsto ás 22:30 horas do mesmo día.

O Concello explica que “as prazas son limitadas a un máximo de 30 persoas e poderán participar veciños e veciñas de Trabada maiores de idade. As inscricións poden realizarse nas oficinas municipais ata o 14 de novembro. No caso de quedar prazas dispoñibles poderán sumarse tamén persoas con...

leer más