Guiada

Etiquetas:
30/01/2024

Este domingo, 4 de febreiro, a guía mariñá Ana Pena (Guía tu día) organiza unha visita guiada no concello de Ribadeo. 

“Comezaremos ás 10:30 horas visitando o barrio indiano e admirando a súa arquitectura. Continuaremos polo casco histórico que nos levará a coñecer a gran importancia comercial desta vila e os seus personaxes ilustres. Ademais percorreremos a senda litoral que conecta varios miradoiros e lugares de interese co afamado faro de Illa Pancha”, explica Ana Pena.

Desde Guía tu día engaden que “se trata dunha ruta moi completa de 4km (ida) e apta para todos os públicos, incluídas mascotas. A duración será de 3 horas e media aproximadamente. O custo da actividade é de 10 euros/persoa, 7 euros para os menores de 18 anos e gratuíta ata os 8 anos. 

As persoas que desexen anotarse ou...

leer más
Etiquetas:
05/05/2022

Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego, Concello de Ribadeo e Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, organizan un evento en Ribadeo o 21 de maio. Denomínase “Do Medievo aos Indianos, pasando pola Ilustración. Unha viaxe pola historia da arquitectura”. 

Dende as 11 da mañá vaise facer un percorrido por distintas etapas históricas da cidade, comezando pola Idade Media, para seguir pola Ilustración e a Modernidade.

O percorrido é pola mañá e pola tarde, e será dirixido por persoas expertas nas distintas etapas arquitectónicas.

Ribadeo Antigo
O plano medieval de Ribadeo ten o seu eixe central na rúa dos Ares (hoxe eixe das rúas Antonio Otero-Viejo Pacho) que unía o porto de Porcillán coa porta da muralla que daba á Praza de España. Nela confluían o resto de rúas, xa...

leer más
Etiquetas:
15/10/2019

Mariña Patrimonio organiza para o día 27 de outubro unha visita guiada ao concello de Ourol para coñecer o seu patrimonio civil e relixioso máis salientable. Ademais de a Ourol, achegarémonos a Bravos, Xerdiz e Vilares.

Desde Mariña Patrimonio indican que “no caso de que haxa un número suficiente de persoas, pensamos facer o desprazamento en bus o traxecto Foz - Ourol (con paradas intermedias, das que se informará así como dos horarios). Esta opción é a máis recomendable xa que hai que moverse de visita a visita. As persoas que estean máis afastadas, poderían incorporarse ao bus en Foz. Como vén sendo habitual neste tipo de saídas, haberá un xantar no que poderán participar todas as persoas que o desexen”. 

A data límite para anotarse remata o vindeiro luns, 21 de outubro. As persoas interesadas que o fagan saber...

leer más
Etiquetas:
24/11/2016
A Pomba do Arco, de Foz, organiza unha visita ao Pazo do Conde de Fontao o 3 de decembro. A inscrición para acudir está aberta.
 
A asociación sociocultural A Pomba do Arco organiza o 3 de decembro, unha visita guiada ao Pazo de Fontao.
 
Este conxunto está formado por unha ermida, unha construción dedicada a vivenda e levantada sobre os restos dunha antiga fortaleza do século XVII así como unha ampla finca con xardín.
 
O percorrido vai comprender a visita a certas partes da Casa e a ermida de Santo André, antiga capela onde están enterrados algún dos señores de Fontao e onde se atopan imaxes relixiosas dunha capela anterior situada na desembocadura do río Ouro. Por último se fará un percorrido para coñecer o xardín novo da finca regada por cinco fontes.
 
As persoas interesadas en participar nesta actividade que...
leer más
Etiquetas:
24/10/2016
A asociación A Pomba do Arco organiza o 29 de outubro unha visita guiada ao Espazo Caritel, situado no concello de Foz, a poucos metros da Basílica de San Martiño. A inscrición está aberta.
 
A asociación sociocultural A Pomba do Arco organiza o 29 de outubro unha visita guiada ao Espazo Caritel, “un punto de encontro para a arte e a natureza situado á beira da vella catedral románica de San Martiño de Mondoñedo, promovido e xestionado por un dos máis destacados artistas plásticos galegos, Daniel Río Caxigueiro”, sinalan os promotores desta actividade. 
 
O percorrido polo Espazo Caritel vai comprender a visita á sala de exposicións e ao taller do propio artista, “onde atoparemos unha mostra do seu traballo, así como un paseo polo xardín, cuxa posta en marcha se iniciou vai para 25 anos. Alí atopamos árbores e arbustos chegados de Chile, Xapón, Corea, Uruguai ou Arxentina xunto á vexetación autóctona, destacando unha colección de máis de cen camelias de diferentes especies”....
leer más
Etiquetas:
14/03/2016
Do 21 ao 27 de marzo haberá visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro. Están organizadas por sexto ano consecutivo polo Centro Comercial Histórico.
 
Desde Centro Comercial Histórico de Viveiro explican que “por sexto ano consecutivo, e dado o gran éxito e aceptación que tiveron entre o público as edicións anteriores, no ano 2016 volveremos a realizar as visitas guiadas polo Casco Histórico de Viveiro da man do historiador Xesús Martínez”. 
 
E subliñan que “durante estas datas de afluencia de visitantes a Viveiro parécenos moi interesante ofrecerlles a posibilidade de coñecer a cidade por medio destas visitas guiadas e de xeito gratuíto”. 
 
Centro Comercial Histórico de Viveiro indica que “o obxectivo é dar a coñecer o noso patrimonio cultural e artístico, non só a visitantes, senón tamén ós...
leer más