No Limit

03/10/2025

A programación cultural do Concello de Ribadeo inclúe dous concertos para este sábado, día 4 de outubro

A concelleira de Cultura ribadense, Begoña Sanjurjo, anunciou que “o sábado 4 está dedicado á música, con dúas actividades. Ás oito da tarde na igrexa do convento de Santa Clara o Coro da Escola de Música de Foz traeranos a escena un concerto con tres artes. Despois, ás dez da noite, No Limit poñerá a música dos Concertos no Camiño na rúa San Francisco”.