Dambara
A Agrupación Cultural e Musical Dambara, de Burela, organiza a Festa da Música este sábado, día 22 de novembro. Será na Praza de Abastos burelá desde as 13:00 horas. Están programadas unha vintena de actuacións musicais de diferentes estilos. Haberá xantar ás 14:30 horas e cea ás 21:00 horas.
“Achégase o Día da Música, que este ano celebrarémolo o sábado 22 durante todo o día e parte da noite. Agradecemos a participación de todos os grupos e individualidades a facer un día de vivencias e compartir baixo o lema da música un momento agradable”, anuncia Dambara.
A Banda de Gaitas Santo Inocencio-Dambara, de Burela, actuará na Casa da Cultura do Vicedo este sábado, día 11 de outubro, ás 19:30 horas.
O Concello anuncia: “música galega no Vicedo. Este sábado ás 19:30 horas na Casa da Cultura poderemos disfrutar dun concerto da Banda de Gaitas Santo Inocencio-Dambara, de Burela, no marco das actuacións de Tradigalu, da Deputación Provincial de Lugo, xunto co Concello de O Vicedo”.
O día 7 de decembro, sábado, ás 19:30 horas no auditorio da Casa da Cultura de Burela celebrarase cun concerto audiovisual a historia da asociación cultural Dambara e da agrupación Santo Inocencio, de Burela. Será un concerto “con imaxes e momentos emotivos”, anuncia a organización do evento.
Os actos da xornada continuarán ás 21:30 horas cunha cea conmemorativa na carpa da praza e a actuación dun DJ a partir das 23:59 horas.





