Humor

Etiquetas:
23/08/2023

O vindeiro sábado, 26 de agosto, estará en Alfoz a Ciencieneta nas piscinas municipais ás 17 horas. Nenos e nenas de todas as idades poderán desfrutar deste proxecto de divulgación científica que conta con obradoiros, música, shows e humor de forma totalmente gratuíta.

A iniciativa está organizada pola Asociación Asíntota xunto ao Concello de Alfoz e conta coa colaboración do Ministerio de Ciencia e Innovación e FECYT.

Para obter máis información as persoas interesadas poden dirixirse á páxina web laciencieneta.com así como as súas redes sociais @cienceando en TikTok e @laciencieneta en Instagram.

Etiquetas:
02/01/2023

O coñecido actor galego Xosé Antonio Touriñán chega este sábado, 7 de xaneiro, a Burela con “Recortes, caneos e outras formas de driblar”. Será ás 18:00 horas na Casa da Cultura. 

Trátase dunha montaxe teatral que recrea un de tantos partidos de fútbol do século a través do comportamento de xogadores, adestradores, xornalistas, directivos, árbitros, seareiros e demais personaxes principais, secundarios ou figurantes que conforman o mundo futbolístico. Logo do éxito de “Fariña, o espectáculo teatral” Nacho Carretero Pou volve unir forzas con Tito Asorey, José L. Prieto e Xosé Antonio Touriñán neste espectáculo sobre o mundo do fútbol e todo o que o rodea. Interpretado por Xosé Antonio Touriñán, Manuel Cortés, Isabel Garrido, Christian Escuredo, Xoán Fórneas e Sergio Zearreta "Recortes, caneos e outras formas de driblar" é unha viaxe...

leer más
Etiquetas:
16/04/2022

Con máis de 1 millón de seguidores nas redes sociais e con vídeos que superaron os 10 millóns de reproducións, o humorista José Luis Calero aterrará o 24 de Abril ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Burela para facerlles alcanzar aos asistentes un gran orgasmo humorístico en directo, sen pantallas de móbiles polo medio nin nada.

Un espectáculo no que o humor e a risa farán esquecer dos problemas e vivir entre todos, como diría Raphael: Unha gran noite de humor!

Entradas xa á venda en https://bit.ly/3J9MHqM

 

Etiquetas:
13/02/2022

A Casa da Cultura de Burela acollerá o 24 de abril ás 20:00 horas a actuación do humorista José Luis Calero que presenta Mi gran noche de humor.

Trátase dun espectáculo no que o humor e a risa fai esquecer todos os problemas e vivir, entre todos, unha gran noite de humor como diría Raphael. José Luis Calero é un dos humoristas máis seguidos nas redes sociais, con 1 millón de followers, e cuxas reproducións superaron os dez millóns.

As entradas xa están á venda en woutick.es. 

Etiquetas:
12/01/2022

A Concellería de Cultura de Burela colabora na organización da segunda edición do ciclo A Mariña en clave de humor, que se desenvolverá durante os meses de febreiro, marzo, abril e maio na Casa da Cultura.

Dará comezo o domingo 20 de febreiro ás 20:00 horas co monólogo 8 Apelidos Andaluces a cargo de Jesús Piña, Quique de la Fuente, Txapela de Cádiz e Abraham Martín.

O domingo 27 de marzo actuará Luís Zahera ás 20:00 horas. O domingo 24 de abril presentará o seu monólogo José Luis Calero ás 20:00 horas. O ciclo rematará o venres 27 de maio ás 21:00 horas coa actuación de Javier Veiga.

As entradas poranse á venda proximamente en www.woutick.es. 

 

Etiquetas:
21/08/2021

Isla LeTriska chegará a Burela o venres, 27 de agosto, para representar ás 20:30 horas na Praza da Mariña un espectáculo familiar de novo circo e humor. Un número delirante no que combina novas disciplinas circenses como o malabarismo, o pallaso ou o equilibrio xunto con excentricidades e xogos co público.

Un personaxe eléctrico e bastante tolo sorprenderá a todos realizando fazañas como malabares incribles, memorizando centos de nomes, dando novos usos a obxectos cotiáns ou convertendo a un neno nun gran artista de circo. Habilidade, perspicacia, velocidade mental e sobre todo tolemia, moita tolemia.

A entrada será de balde. O evento seguirá o protocolo covid: máscara, hidroxel e distancia de seguridade entre o público asistente.

 

Etiquetas:
24/07/2021

O cómico Pepe Suevos presentará o seu espectáculo Falade galego rapazada…é unha pasada, no marco do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2021 da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística, en colaboración co Concello de Viveiro. A actuación terá lugar no Teatro Pastor Díaz o día 31 de xullo ás 19:00 horas.

Trátase dun monólogo humorístico creado a partir da propia experiencia do artista que anima aos millenials a empregar a lingua de Galicia en todas as situacións da súa vida.

A entrada será de balde e a reserva de entradas pódese facer no teléfono 982 560 162 ou no correo rbg.cultura@viveiro.es

 

Etiquetas:
18/05/2021

O coñecido actor Serxio Pazos presenta en Alfoz o seu espectáculo Afiando con humor o día 29 de maio, sábado. Será ás 20:30 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura.

O aforo é limitado e é necesario reservar as entradas previamente na Casa do Concello (rexistro) ou no teléfono 982.558.001 (extensión 3) desde o 24 ao 27 de maio.

Esta actividade cultural está organizada polo Concello de Alfoz coa colaboración da Deputación de Lugo.

Etiquetas:
05/01/2021

Esta semana en O Vicedo haberá música e humor. O Grupo Píscore presenta o "Concerto Singular", que tivo que ser aprazado hai 15 días. Finalmente será este sábado, 9 de xaneiro, ás 18:30 horas na Casa da Cultura. 

Debido ás normas sanitarias establecidas pola Xunta de Galicia o aforo está limitado a 60 persoas.

 

Etiquetas:
08/03/2020

En Augaxosa, a fermosa parroquia de Riotorto, a medio camiño entre Lourenzá, Riotorto e A Pontenova o vindeiro sábado, 14 de marzo, ás 21,00 horas, o Grupo Teatral O Centiño, de San Martiño, recuperará de novo a figura de Eduardo Pasmarote, o indescritible presentador de televisión que se converte en superheroe despois de inxerir inxentes cantidades de guindilla. De novo poderemos ver os programas "Al loro", "Repolos e centolos", o "Noticiario"... e tamén as complicadas relacións de Romualdo, Jacky e Pinky, Betti Gutiérrez, Manuela Tormentas e Ana Rosa, sobre todo cando teñen que enfrontarse aos dous miserables ladróns, tan inofensivos como torpes, Triquiñuela e Carajillo.

Dende Augaxosa, descendendo en grandes riadas dende a montaña, baixarán as risas e a alegría do Centiño, convertidas en teatro.