Circo
Ourol acollerá un espectáculo de circo a cargo da compañía de Dani Blanco, con teatro, malabares, equilibrios, música, clown, etcétera. Será o día 24 de setembro, martes, ás 18:30 horas no Edificio Multiusos.
É unha actividade destinada a nenos e nenas a partir de 3 anos e ás súas familias, con entrada libre e gratuíta.
Ribadeo acoge hasta el 2 de septiembre, sábado, al Fantástico Teatro Circo, de los hermanos Dias, que lograron numerosos premios por su espectáculo de icarios. Pero este circo cuenta también con sorprendentes shows de contorsionismo, equilibrismo, malabarismo, humor y música con los payasos y un king kong articulado de 9 metros de altura.
El Fantástico Teatro Circo está ubicado en la Avenida de América de la villa ribadense, concretamente frente a la gasolinera El Jardín. El jueves, viernes y sábado de esta semana ofrecerán funciones a las 20:30 horas.
Las entradas pueden comprarse en la taquilla del circo, que abre una hora antes de la función y admite únicamente pagos en efectivo. Pero también las venden por internet, a través de esta página:
...
leer másEsta fin de semana pódese desfrutar en Ribadeo dun concerto de tangos e un espectáculo de circo.
Este sábado, 6 de novembro, ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval, actuará Malajunta Tango Dúo.
O domingo, día 7, ás 17:30 horas, no Auditorio Municipal Galitoon presentará un espectáculo para toda a familia, The Show Moscón, que é un circo ambulante de varietés presentado por un moscón gordo e repoludo. Trátase dun marabilloso circo representado por un armario que abre as súas portas para mostrar os diferentes números que se encontran no seu interior, entre os que aparecen verdadeiras divas da canción, absurdos números musicais, horribles magos e mentalistas, incribles bebés equilibristas, números de danza e un sen fin de humor.
Esta semana, na Casa da Cultura, actuará Cirkote, trátase dun espectáculo de malabares. A función será o próximo xoves, 23 de setembro. a partir das 16:30 horas. Trátase dun bo plan para comezar a tarde despois dunha mañá de traballo na escola. A actividade enmárcase no programa Culturactiva.
De Cirkote dise: “Cirkote, circo de calle y teatro, malabares y humor, sobre todo mucho humor. KOTE MALABAR lleva cerca de 20 años haciendo reír y disfrutar a todo tipo de públicos en infinidad de actuaciones por fiestas, ferias, festivales y demás actos lúdicos y de entretenimiento. En el espectáculo combina técnicas de circo, clown y teatro cómico y de participación, en una relación directa actor-público en un espectáculo en el que puede pasar de todo, incluso que tu acabes siendo la estrella de la función”.
Este sábado, 11 de setembro, ás 18.30 horas os nenos de Foz teñen unha cita co espectáculo de Troula Animación Circo Krasnovarak na praza Conde de Fontao.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “enormes animais chegarán este sábado a Foz para facer desfrutar aos nenos. É unha representación dun circo no que os animais escapan por Foz e haberá que buscalos. A compañía Troula Animación tráenos este espectáculo para animar a volta as aulas e comezar setembro con diversión. Animamos a todos as nenas e nenos a ir a desfrutar dunha representación diferente”.
Inés López Couto engade que “ademais desta actividade este sábado ás 19.30 horas na Casa da Cultura a Federación Galega de Espeleoloxía ofrecerá unha charla para divulgar o seu traballo e explicar a evolución das furnas na nosa costa. E tamén está...
leer másA Concellería de Cultura de Burela segue co seu ciclo Cine na Rúa coa proxección da película Detective Pikachu. Será o xoves, 2 de setembro, ás 22:00 horas na praza do Concello.
E o venres, 3 de setembro, a compañía Muu representará o espectáculo Crunch. Terá lugar tamén na praza do Concello ás 20:30 horas. Trátase dunha función de novo circo, clown, malabares, saltos mortais e caídas nun show todoterreo, a cargo dos superheroes Spunk e Scrunch.
Os eventos seguirán o protocolo covid, con máscara, hidroxel e distancia de seguridade entre o público asistente. A entrada é de balde.
Isla LeTriska chegará a Burela o venres, 27 de agosto, para representar ás 20:30 horas na Praza da Mariña un espectáculo familiar de novo circo e humor. Un número delirante no que combina novas disciplinas circenses como o malabarismo, o pallaso ou o equilibrio xunto con excentricidades e xogos co público.
Un personaxe eléctrico e bastante tolo sorprenderá a todos realizando fazañas como malabares incribles, memorizando centos de nomes, dando novos usos a obxectos cotiáns ou convertendo a un neno nun gran artista de circo. Habilidade, perspicacia, velocidade mental e sobre todo tolemia, moita tolemia.
A entrada será de balde. O evento seguirá o protocolo covid: máscara, hidroxel e distancia de seguridade entre o público asistente.
"The Show Moscón" é un circo de monicreques itinerante de "varietés", presentado por un moscón gordiño. Un circo marabilloso, representado por un armario que abre as súas portas para amosar os diferentes números que hai dentro. Dentro do noso armario, podemos gozar de verdadeiras divas da canción, absurdos números musicais, magos e mentalistas arrepiantes, sorprendentes bebés funambulistas, marabillosos números de danza e humor interminable...
“The Show Moscón” está destinado ao público infantil e familiar. A función dará comezo ás 18:30 horas na Casa da Cultura. O prezo da entrada será de 2,5 euros.
Vaivén Circo presenta o día 30 deste mes, mércores, en Ribadeo o seu espectáculo Esencial, co que está percorrendo toda España. Desde a súa creación, no ano 2008, esta compañía recibiu numerosos galardóns entre os que destaca o Premio Nacional de Circo en 2016.
Este espectáculo terá lugar no auditorio municipal Hernán Naval ás 19:00 horas con entradas numeradas gardando as distancias de seguridade, aforo reducido e demais medidas contra o Covid 19. As entradas xa están á venda en www.ataquilla.com.
Está organizado por Game Over Productions xunto co Concello de Ribadeo dentro do programa Platea do INAEM. Os seus responsables de Game Over destacan “a gran calidade de Vaivén Circo e en concreto deste espectáculo familiar, que fala de transicións. Cinco personaxes que xogan, que...
leer másUn bono apoiará a afluencia de público ás obras de entrada máis cara da programación cultural de Ribadeo do vindeiro mes de decembro. A concelleira Pilar Otero subliñou que “en concreto, serán dúas funcións, as dúas concibidas para que vaia ao auditorio municipal toda a familia. Unha de danza, aproveitando a afección que crea a alta matrícula na área de Danza da Escola de Música, e outra de circo. As persoas que compren entradas para os dous espectáculos verán reducido o importe nun 20%”.
A edil de Cultura sinalou que “Mucab Dans, compañía catalá que nace entre Barcelona e Girona presenta Bowling na ponte de decembro, concretamente o día 5, sábado. Trátase dun espectáculo visual, poético e innovador, onde a danza, a música en directo e a tecnoloxía nos convidan a voar por un mundo fantástico, máxico e absurdo. Pola súa banda, a compañía...
leer más