Medieval
Ven de presentarse o XXXII Mercado Medieval de Mondoñedo que terá lugar os vindeiros días 9, 10 e 11 de agosto de 2024 no centro urbano da cidade episcopal.
O programa contará con máis de un cento de actividades repartidas nos tres días e serán pregoeiros do mesmo María Teresa Sanz Martínez e Pablo Zarzalejo Santamaría, que foron os primeiros en casarse na Voda Medieval do ano 2009.
O programa desenrolara máis de un cento de actividades que abranguen desfiles de cabaleiros, ruadas musicais e de atraccións, torneos medievais, contacontos, monicreques, cetrería, unha voda medieval e, por suposto, a Cea Medieval do sábado.
No acto de presentación estiveron presentes voluntarios/-as, colaboradores/-as, representantes de asociacións colaboradoras, así como o Alcalde de Mondoñedo, o Delegado...
leer másOs días 19 e 20 de xullo Alfoz celebrará a XXIV edición do seu Mercado Medieval, transportando aos asistentes ao ano 1483 con todo tipo de actividades.
A noite do 19 de xullo ou noite da véspera dará comezo ás 21:00 co acendido do lume de Cerna da Historia, anunciando a chegada do Mariscal. Ás 22:15 haberá danzas medievais, seguidas por confesións co bispo Don Fadrique de Guzmán. Á media noite, unha queimada e conxuro transportarán aos presentes ao medievo, culminando a noite coa música de Tumba e Dalle.
O sábado 20 de xullo comezará ás 11:00 cunha visita guiada para coñecer Alfoz a cargo de Ana Pena. Despois, ás 11:45 horas a xornalista de Televisión Española Ana Lorenzo dará o pregón, seguido da inscrición do seu nome na Lousa das Palabras. Durante a xornada haberá nomeamentos, teatro de títeres, exhibicións de...
leer másOnte, mércores, botan a andar os actos previstos na XXXI edición do Mercado Medieval de Mondoñedo, que se prolongarán ata o vindeiro domingo. Un concerto do coro Mestre Pacheco e o Pequemedieval polas rúas da cidade servirán para ir abrindo boca cara ás xornadas principais da fin de semana.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou na presentación do programa xunto co alcalde, Manuel Otero, e subliñou que se trata dunha festa de interese turístico que conta co apoio do Goberno galego.
Os postos do mercado abrirán o venres a partir das 20.00 horas, e o pregón será ás 12.00 horas do sábado, a cargo de representantes da asociación O Pasatempo.
Durante a noite do venres 14 e toda a xornada do sábado 15 de xullo celebrarase unha nova entrega do Mercado Medieval de Alfoz. Un ano mais este concello transporta aos seus visitantes e á veciñanza séculos atrás. Todos eles poderán gozar de variadas actividades lúdicas para a ocasión baixo o lema “Entorno e Lenda”.
Instalaranse distintos postos da época entorno á artesanía, alimentación así como obradoiros, espectáculos, actividades teatrais e xogos na rúa. E deixaranse ver persoas caracterizadas como guerreiros, membros eclesiásticos ou das familias máis memorables.
As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse aos teléfonos 982-558-581 e 600-377-152, ao correo electrónico turismoalfoz@gmail.com ou á páxina de Facebook Mercado Medieval de Alfoz...
leer másMondoñedo celebrará o XXX Mercado Medieval, unha edición simbólica, os días 12, 13 e 14 de agosto. Unha edición marcada pola volta á normalidade na celebración dunha festa histórica e de Interés Turístico Galego, que ademais é das máis antigas do seu xénero en Galicia. Polo tanto, volverán as actividades de degustación gastronómica e haberá unha representación ambiental e simbólica cun marcado carácter histórico e cultural que inclúe actividades na Praza da Catedral, onde se recreará a imaxe da cidade na Edad Media.
O sábado 13 de agosto ás 12.00 horas terá lugar o pregón que correrá a cargo de voluntarios do Mercado Medieval. Dito pregón realizarase desde o balcón da antiga Casa Consisterial, situada na Praza da Catedral. Tras o pregón terá lugar o acto simbólico da Porta Medieval “A Fonte”. Durante este día haberá actividades como a...
leer másA Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presentou este mércores no Pazo de San Marcos a 22 edición do Mercado Medieval de Alfoz, que se celebra os días 15 e 16 de xullo coa colaboración da Deputación de Lugo. García Porto estivo acompañada durante o acto polo Alcalde, Jorge Val Díaz, e polo Concelleiro de Medio Ambiente e Medio Rural, Cándido PaleoRejes.
A Deputada enmarcou o apoio a esta cita coa historia na clara aposta da institución provincial polo turismo de experiencias e de proximidade. “Trátase dun modelo que pon en valor o noso patrimonio, como neste caso, que favorece o equilibrio territorial e que actúa como factor de desenvolvemento do rural. E para conseguir isto traballamos da man cos concellos da provincia, colaborando con diferentes accións e medidas para impulsar o noso...
leer másA Escola Municipal O Pallarego, de Mondoñedo, ofrecerá dous concertos de música medieval este xoves, día 12 de agosto: ás 19:00 horas na capela da Venerable Orden Terceira e ás 21:00 horas no Centro Cultural de Álcantara.
Nos dous casos o aforo é limitado e a reserva de entradas hai que facela na oficina de turismo, en horario de 10 a 14 e de 16 a 19 horas ou chamando ao teléfono 982.50.71.77
Mondoñedo celebrará o XXIX Mercado Medieval, unha edición simbólica, os días 13, 14 e 15 de agosto. Unha edición aínda marcada pola pandemia polo que conta cun protocolo de seguridade, co fin de cumprir totalmente as medidas sanitarias de prevención fronte aos contaxios da covid-19.
Polo tanto, non haberá actividades de degustación gastronómica e existirá unha ambientación simbólica cun marcado carácter histórico e cultural que inclúe actividades na Praza da Catedral.
O sábado 14 de agosto ás 11.45 terá lugar o pregón que correrá a cargo de Javier Gómez Darriba, doutor en Historia de Arte. Dito pregón realizarase desde o balcón da antiga Casa do Concello, situada na Praza da Catedral.
O goberno municipal destaca a instalación, levada a cabo nos últimos días, dunhas placas de bronce onde...
leer másO alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, presentará no próximo pleno da corporación municipal unha proposta de cambios na organización da próxima edición da Feira Medieval, a celebrar en agosto, co fin deadaptala as esixencias do actual momento na crise sanitaria provocada pola covid-19. Unha destas medidas é programar o seu desenvolvemento en dous (ao sumo, tres) espazos e con menor número de actuacións con respecto a edicións anteriores. O programa está adaptado as actuais condicións sanitarias e foi consensuado coa asociación Pasatempo e coa oposición municipal, neste último caso na reunión celebrada pola xunta de voceiros a pasada semana. Na organización da Feira respectaranse escrupulosamente as medidas sanitarias preventivas fronte aos contaxios por covid-19. O programa será presentado nun acto convocado ao efecto e cada evento contará co seu correspondente...
leer másO Concello de Alfoz decidiu cancelar o Mercado Medieval 2020, festa de recreación histórica prevista para o terceiro fin de semana do mes de xullo, co obxectivo de garantir o cumprimento dos protocolos de prevención de contaxio da Covid-19.
Nestes protocolos recoméndanse medidas de limitación de aforo e distanciamento social que nun evento das características do Mercado Medieval de Alfoz, cita na que se xuntan artesáns, gastronomía, representacións… e que achega a un gran número de persoas cada ano, fai difícil respectar o cumprimento de todas as recomendacións e garantir así a saúde pública de veciños e visitantes.
Dende as Concellerías de Cultura e Igualdade estase a traballar para reforzar a programación cultural a partir do mes de xullo e ofrecer actividades musicais, teatro, obradoiros… cumprindo as normas...
leer más