Medieval
A alcaldesa de Mondoñedo, ElenaCandia, participou, xunto cos voluntarios e artesáns, na presentación do cartel do XXVII Mercado Medieval, que se celebrará na localidade os días 10, 11 e 12 de agosto.
Como cada ano o casco histórico encherase de postos de artesanía, alimentación, ambientación e levaranse a cabo numerosas demostracións de oficios tradicionais e espectáculos de animación que deleitarán aos asistentes.
Nos vindeiros días darase a coñecer a programación completa deste Mercado Medieval que organiza o Concello de Mondoñedo e conta coa colaboración da Deputación de Lugo e de Abanca.
Un avance
Este ano volverá haber degustación gratuíta de torresmos e viño e reforzaranse as actuacións musicais e medievais. A rexedora agradece de xeito especial a implicación da Escola de...
O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, a Alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia López, o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, a xefa territorial de Cultura da Xunta en Lugo, Maria Jose Gómez, presentaron a XXVI Edición do Mercado Medieval de Mondoñedo, que se celebrará os dias 11, 12 e 13 de agosto nas vilas céntricas da cidade. Fixérono na Praza da Catedral de Mondoñedo, o epicentro desta celebración, que cada ano atrae a miles de visitantes.
Campos Conde destacou que “dende o Goberno da Deputación renovamos a nosa colaboración cunha das citas turísticas e culturais máis importantes do municipio mindoniense, a través da que se xera riqueza e emprego e, polo tanto, e se dinamiza a economía local”. O Presidente remarcou que o organismo provincial é o principal impulsor deste evento, pois realiza unha achega económica de 32.000 euros...
leer másA alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, presidiu hoxe o acto de presentación do cartel do Mercado Medieval que os días 11, 12 e 13 de agosto celebra a súa XXXVI edición. Á presentación asistiu parte do equipo de goberno, varias das asociacións implicadas no evento, así como amigos e amigas do mercado medieval que ano tras ano colaboran e traballan de xeito desinteresado na súa organización.
A alcaldesa subliñou a importancia dunha programación ampliada na que se incorpora unha actuación o venres ás oito e a clausura o domingo á noitiña.
A rexedora aproveitou a súa intervención para agradecer o traballo de todas as asociacións implicadas no Mercado Medieval; entre as que se atopan os Amigos do Mercado, á ACIAM e á Asociación Cultural O Pasatempo. “Entre todos conseguimos unha volta ao medievo rúa a rúa que cada vez...
leer másO Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, o Alcalde de Alfoz, Jorge Val Díaz, xunto ao Concelleiro de Turismo, Xabier Pardiñas, a outros membros da organización, presentaron este luns a XIX Feira Medieval do municipio, que financia o organismo provincial a través dunha axuda de 2.000 euros para a celebración deste evento. Ademais a Deputación colabora con demostracións de artesanía e oficios tradicionais, a través do CENTRAD.
Vidal Baamonde subliñou que “esta Feira rememora o pasado históricode Alfoz,e celebrase nun marco incomparable como é a contorna de castelo de Castro de Ouro, polo tanto unha cita ineludible para esta fin de semana, e para coñecer o legado histórico de Alfoz”. Ademais, o Deputado explicou que dende o Goberno da Deputación“na presente anualidade investimos 330.000 euros para a realización de 71 eventos turísticos...
leer más