Andalucía

Etiquetas:
21/02/2020

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a Cádiz, Jerez e outras localidades que están na zona coñecida como Ruta de los Pueblos Blancos, concretamente Ubrique, Prado del Rey, Grazalema e Arcos de la Frontera. Será do 19 ao 22 de marzo.

A actividade inclúe o desprazamento en autocar con seguro de viaxe, excursións con guía oficial durante todo o percorrido, pensión completa, aloxamento en hotel de 3 estrelas con bufet libre, asistencia a un espectáculo ecuestre, visita con degustación a unha bodega e ao museo Jesulín de Ubrique. O prezo é de 265 euros por persoa en habitación dobre.

Para a reserva de prazas nesta excursión, que son limitadas, hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San...

leer más