Xornada
Os días 17 e 18 de outubro terá lugar a I Xornada arredor do Forte de San Damián, enmarcada no programa Ribadeo cara o Mar.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjujro, explicou que “os días 17 e 18 de outubro, organizadas polo Concello, dentro das actividades de Ribadeo cara o Mar, levarase a cabo a primeira Xornada arredor do Forte de San Damián, un encontro divulgativo que busca poñer en valor o patrimonio fortificado costeiro e promover a conservación dun dos símbolos máis singulares da nosa vila”.
A edil ribadense contou que “o programa consta de 4 sesións temáticas nas que especialistas de Galicia e Asturias abordarán a evolución das defensas costeiras dende o século XVI ata a época contemporánea, con especial atención ao papel estratéxico da ría de Ribadeo”.
Sanjurjo dixo que “...
leer másO día 25 de setembro, xoves, o Sindicato Labrego Galego organiza unha xornada gratuíta en Ribadeo sobre prevención de riscos laborais e perspectiva de xénero. Será na Aula CeMIT, rúa Antonio Otero 15, 2º (Casa da Xuventude) de 9 a 14 horas.
“Cómpre darlle á prevención a relevancia que ten. É urxente formarse nestes ámbitos. Non o dubides e inscríbete xa nos contactos: teléfono 664.581.949 ou correo electrónico formacion@sindicatolabrego.gal.”
Esta actividade organizada polo Sindicato Labrego Galego conta co financiamento da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, da Xunta de Galicia.
Viveiro será escenario o luns 22 de setembro, no Teatro Pastor Díaz, das Xornadas Inspiracionais do ADN Gastronómico, baixo o lema Cociñar o futuro. Trátase dun encontro dirixido a entidades, profesionais e axentes do ecosistema gastronómico e turístico da vila que servirá para compartir coñecemento, presentar resultados e inspirar o futuro da identidade culinaria de Viveiro.
As xornadas, organizadas polo Concello de Viveiro e Prato_DO, contarán coa participación de expertos e profesionais de referencia no ámbito gastronómico e cultural como Iñaki Gaztelumendi (Spain Culinary Villages), Carlos Nuevo (Cronista Oficial de Viveiro), Lucas Requejo (Prato_DO), Silvia Sánchez e Silvia Timón (ADN Sapiens), Iago Pazos (Abastos), Jorge Guitián (Colectivo Gastronómico A Mariña) ou Daniel Suárez (Asociación de Emprendimiento Rural...
leer másO Concello de Mondoñedo presentou a celebración das Extra XVIII Xornadas do Peregrino Abrindo Camiño, que terán lugar o luns 15 de setembro cunha xornada especialmente dedicada á mestra galego-cubana Andrea López Chao, destacada figura do galeguismo no exterior.
A programación inclúe unha romaría popular na rúa que leva o seu nome, xogos tradicionais, torneo da chave, actuacións musicais, pasarrúas e a inauguración oficial da rúa Andrea López Chao, que culminará cun acto institucional no Auditorio Municipal Pascual Veiga e coa preestrea da mediametraxe documental Andrea López Chao: O legado dunha mestra galega en Cuba. Ademais nesta edición o público poderá gozar da foodtruck de Galicia Sabe Amar, que ofrecerá produtos pesqueiros dos portos galegos ao longo da tarde.
A tenente de alcalde no Concello de...
leer másO Sindicato Labrego Galego organiza unha xornada gratuíta de prevención de riscos laborais no uso de fitosanitarios. Desenvolverase en Vilanova de Lourenzá, concretamente no Multiusos Ponte de Cuñas, o día 3 de setembro, mércores, de 15 a 20 horas.
“Se queres aprender a usar correctamente os fitosanitarios para poder desenvolver a túa actividade de xeito máis seguro, non dubides en anotarte”, anuncia o Sindicato Labrego Galego. A inscrición pode facerse a través do correo electrónico lourenza@sindicatolabrego.gal ou do teléfono 698.159.667.
Para esta actividade o Sindicato Labrego Galego conta co financiamento da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.
Este mércores, día 25 de xuño, no Centro Sociocomunitario de Ribadeo haberá unha xornada centrada no benestar mental e emocional das familias. Será de 16:00 a 22:00 horas. Para participar hai que inscribirse no Concello de Ribadeo.
É unha actividade acreditada por AFAMMER Lugo e Grupo Forma-T, dentro do plan Corresponsables, da Xunta de Galicia e do Ministerio de Igualdade.
O xoves 5 de xuño terá lugar a xornada titulada Mulleres do medio rural en acción. Será en Barreiros, concretamente na Escola Indiana de San Miguel de Reinante, dende as 11 da mañá até ás 18:30 da tarde.
Na xornada intervirán a secretaria xeral do Sindicato Labrego, a laurentina Isabel Vilalba Seivane; Marta Vázquez Rouco, da asociación A Estruga, de Vilalba; Dolores Carmen Tourón Río, da asociación As Espigadoras; e Lola Cancio Álvarez, da asociación asturiana NIA.
Esta actividade forma parte do programa Tecendo Redes no Rural: Mulleres, PAC e Titularidade Compartida, organizado pola Confederación de Mujeres del Mundo Rural) e a Asociación Labregas, que conta co financiamento do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA).
As persoas interesadas en máis...
leer másAvanzando nas accións trazadas no contexto do Plan de Sostibilidade Turística, a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense vén de abrir a inscrición para participar na xornada de formación Novos retos e oportunidades no marketing dixital, dirixida principalmente a sectores vinculados á actividade turística no territorio da Mariña. O encontro terá lugar o 7 de maio no salón de actos do Concello de Lourenzá. As persoas interesadas poden inscribirse xa e ata o día 5.
A vicepresidenta da Mancomunidade, Ana Ermida, explicou que “o encontro ten como obxectivo favorecer a formación e actualización de coñecementos dos profesionais dedicados ao sector turístico, tratando de aproveitar todas as posibilidades que nos brinda o mundo dixital cun obxectivo claro: favorecer o desenvolvemento da Mariña como destino de turismo sostible, innovador e competitivo”....
O Alfar dos Muíños, en Mondoñedo, acollerá o este domingo, día 6 de abril, unha xornada de oficios artesáns impulsada pola Xunta en colaboración coa Asociación Profesional de Artesáns dos Muíños e Concello. A iniciativa enmárcase na programación dos Días Europeos da Artesanía, que inclúe máis talleres abertos ao público esta semana en Mondoñedo e noutros lugares de Galicia.
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e a concelleira de Turismo de Mondoñedo, Patricia Otero, presentaron as actividades na Delegación Territorial de Lugo xunto con tres dos artesáns participantes: Verónica Page, Maica Juncal e Marcelo Scapinachis.
O domingo o Alfar dos Muíños acollerá obradoiros de torno cerámico, modelado manual e esmaltado, fiado con roca, confección en pel, títeres, estampado artesanal e marroquinería. Os talleres...
leer másO concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, contou que “no pavillón da avenida de Luarca entre as 10 e as 14 horas máis de 300 participantes se darán cita nesta xornada de judo de Xogade, unha iniciativa de Deporte Galego e da Xunta de Galicia”.
O edil ribadense indicou que “se trata de practicar un deporte, como o judo, de xeito fácil e divertido. Son xogos deportivos para nenas e nenos en idade escolar”.
Silvent engadiu que “estamos encantados de que Ribadeo siga acollendo eventos deportivos de diferentes disciplinas ao longo de todo o ano”.
No acto de presentación desta xornada de Xogade, que se desenvolverá en Ribadeo o vindeiro 8 de marzo, participaron Manuel Otero, xefe provincial de Deportes da Xunta en Lugo; Iván Carballeira, delegado en Lugo da Federación Galega de Judo...
leer más