Xornada
A Tenencia de Alcaldía do Concello de Viveiro convida á veciñanza a participar na xornada sobre comunidades enerxéticas que terá lugar o martes 29 de outubro ás 19:00 horas na sala multiusos do Concello de Viveiro, con acceso libre. O acto contará coas intervencións de Xosé Manuel Golpe Acuña e Paula Vila Periscal.
Xosé Manuel Golpe Acuña é enxeñeiro enerxético da Deputación da Coruña, experto en Comunidades Enerxéticas e presidente da Asociación Galega de Comunidades Enerxéticas, a AGACEN.
Paula Vila Periscal é socióloga, especialista en participación cidadá e coordinadora da Oficina de Transformación Comunitaria do Concello de Ames.
A terceira edición das Xornadas de Recuperación da Memoria Gastronómica Tradicional Galega Touporroucaldo celebraranse en Foz o día 2 de novembro, sábado, a partir das 13 horas nos Calexóns da Viela e na Praza Pardo de Cela.
O menú inclúe caldo, compango, taza, pan, queixo con marmelo e viño ou auga e o prezo é de 10 euros. Haberá sesión vermú amenizada polo grupo de música de A Subela.
En caso de mal tempo este evento, que está organizado por Touporroutou Teatro, trasladarase ao pavillón do colexio Martínez Otero.
Este sábado, día 26 de outubro, o departamento de Medio Ambiente do Concello de Foz organiza, coa colaboración da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), unha xornada de inspección da saúde do río Centiño.
“Englobada dentro do Proxecto Ríos, o sábado 26 en xornada de 10:30 a 13:30 horas, o departamento de Medio Ambiente organiza unha actividade que permite coñecer o estado de saúde dos nosos ríos, neste caso, do río Centiño. O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos, coordinado por ADEGA. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade. O Proxecto Ríos en Foz...
leer másSanto Estevo do Ermo, no concello de Barreiros, acollerá o día 1 de setembro, domingo, un xantar e unha visita guiada.
Os organizadores explican que “este acto suspendeuse hai un mes por mor do mal tempo que impedía a súa celebración; agora, retómase: A Fundación Eira da Xoana (ADEGA), Mariña Patrimonio e a Irmandade Santo Estevo teñen o pracer de convocar a todas as persoas que fixeron unha achega económica para a compra da parcela de Santo Estevo, así como a todas aquelas que queiran unirse a esta celebración, a unha comida de confraternidade e a un paseo guiado pola fraga de Santo Estevo. Queremos celebrar con todos e todas vós este importante logro e amosarvos en persoa o espazo que, grazas a vosa xenerosidade, estamos a preservar e recuperar”.
Tamén anuncian o programa de actividades: “ás 14:30 horas, comida...
leer másO Teatro das Cortes, que está no lugar de Xestoso, da parroquia de Cabanas (O Vicedo), celebra a primeira Xornada Teatro Terra este sábado, 22 de xuño. Está organizada pola asociación cultural Volta e Dálle.
As actividades empezarán ás 17:30 horas cunha mesa redonda sobre o teatro, a música e outras manifestacións artísticas como ferramentas dinamizadoras. Estará coordinada polo fotógrafo Eduardo de Martís e participarán Alfonso Blanco Torrado, fundador da asociación cultural Xermolos, de Gutiriz; Marisa Freire Blanco , coordinadora e actriz do Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros; Afonso García Pena, coordinador teatral da asociación Son D Aldea, de Palas de Rei; Ricardo Bellas Murias, coordinador de actividades da asociación O Nordés; e Antón Vázquez Turnes, coordinador e actor asociación Papaventos, de Vedra.
... leer másBurela acolle este martes, 14 de maio, unha xornada sobre deterioro cognitivo e perda da memoria. A sesión será a ás 19.00 no salón de conferencias (antiga biblioteca)
A charla estará a cargo do doutor José Ramón Martínez Calvo, especialista en xeriatría do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).
É unha actividade incluída no programa Xunt@s de impulso da participación cidadá e asociacionismo na provincia, promovido pola Deputación de Lugo.
A FCAM (Federación de Comercio A Mariña) analizará o presente e o futuro do empresariado da comarca nunha xornada que se celebrará o vindeiro xoves, 21 de marzo, no Cenima en Foz a partir das 11:30 horas.
Serán os representantes dalgunhas das asociacións que integran a FCAM os que diserten sobre a situación do comercio, da hostalería, do emprego ou do turismo. A presidenta da Federación de Comercio A Mariña, Carmen Cruzado, convida a asistir “a todas as empresas da comarca, sexan socias ou non das nosas asociacións. O que queremos é intercambiar opinións e sensacións e coñecer de primeira man en qué situación nos atopamos neste preciso momento”.
Na xornada intervirán representantes da Xunta de Galicia, da Deputación de Lugo e da Mancomunidade de Concellos da Mariña.
Viveiro acolle os meses de febreiro e marzo o programa Xunt@s da Deputación de Lugo, unha iniciativa coa que o goberno provincial busca impulsar a participación cidadá e o asociacionismo. E este venres, 1 de marzo, celebrarase unha xornada sobre nutrición e hábitos saudables ás 17:00 horas na sala multiusos do Concello.
O Concello de Viveiro sumouse a esta iniciativa da Deputación de Lugo para fomentar o arraigo e a sociabilidade entre a veciñanza, intercambiando experiencias e fomentando as actividades.
“Son iniciativas e actividades para todas as idades, pero bastante enfocadas nas persoas maiores, que son unha prioridade para nós", explica a alcaldesa, María Loureiro.
Esgotadas as prazas para participar na I Xornada de Tecnificación, que organizan FutbolínLugo e o Concello de Ribadeo coa colaboración da Xunta de Galicia.
O evento terá lugar o 26 de marzo de 10 a 14 horas e de 16 a 18 horas. A xornada, destinada a nenas e nenos de 6 a 15 anos, será impartida por adestradores titulados. Haberá un agasallo para todos os asistentes.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, comentou que “estamos moi contentos pola resposta, xa que as prazas cubríronse en tempo récord. É un grande éxito e agardamos repetir máis edicións en Ribadeo”.
Na presentación desta I Xornada de Tecnificación participaron o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, o técnico municipal de Deportes, Iván López, o xefe de Deportes da Xunta, Manuel Otero, e Diego Díaz...
leer másA Casa da Cultura da Pontenova acollerá desde este venres, 2 de febreiro, unha actividade de ximnasia de mantemento de 17:00 a 18:00 horas, que se desenvolverá nese mesmo horario os seguintes venres. A inscrición pode facerse a través dalgún destes teléfonos: 982.34.22.77 ou 659.98.84.51. É unha actividade de promoción do deporte que se inclúe no programa Xunt@s de impulso da participación cidadá e asociacionismo na provincia promovido pola Deputación de Lugo.
Dentro deste mesmo programa tamén este venres, 2 de febreiro, ás 18:00 horas na Casa da Cultura da Pontenova terá lugar unha xornada sobre nutrición e hábitos saudables.












