Análise
A FCAM (Federación de Comercio A Mariña) analizará o presente e o futuro do empresariado da comarca nunha xornada que se celebrará o vindeiro xoves, 21 de marzo, no Cenima en Foz a partir das 11:30 horas.
Serán os representantes dalgunhas das asociacións que integran a FCAM os que diserten sobre a situación do comercio, da hostalería, do emprego ou do turismo. A presidenta da Federación de Comercio A Mariña, Carmen Cruzado, convida a asistir “a todas as empresas da comarca, sexan socias ou non das nosas asociacións. O que queremos é intercambiar opinións e sensacións e coñecer de primeira man en qué situación nos atopamos neste preciso momento”.
Na xornada intervirán representantes da Xunta de Galicia, da Deputación de Lugo e da Mancomunidade de Concellos da Mariña.