Riobarba

08/07/2026

No parque eólico de Riobarba, que está no municipio de O Vicedo, celebrase a XXVI Festa do Cabalo. Será este sábado, día 11 de xullo.

As actividades comezarán ás 13:30 con misa na honra a San Vicente de Francos; ás 14:00 horas haberá degustación de produtos típicos; ás 17:00 horas, campionato ecuestre; ás 18:30 horas, sorteo; é desde as 19:30 horas haberá baile.

É un evento organizado polo Concello do Vicedo coa colaboración do colectivo Cabaleiros Rías Altas.

20/05/2025

A parroquia de Riobarba, no concello do Vicedo, celebrará a festa da Ponte do Porto este sábado, día 24 de maio.

As actividades comezarán ás 13:00 horas con misa solemne e a continuación empezará unha vermú prolongada ata a noite cos grupos D'Caché e Nuevo Ritmo.

Haberá pinchos gratis para todos os asistentes.

Etiquetas:
17/01/2025

A parroquia de Riobarba, no concello do Vicedo, celebrará as festas de San Paulo os días 25 e 26 de xaneiro, sábado e domingo.

As actividades empezarán o sábado ás 13:00 horas con misa solemne e despois haberá sesión vermú co trío Nuevo Ritmo, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo D´Cache Music.

E o domingo celebrarase misa solemne ás 13:30 horas e despois sesión vermú co dúo Zafiro.

A organización dos festexos anuncia que “haberá pinchos para todos os asistentes”.

11/07/2024

O Vicedo celebrará a XXIV Festa do Cabalo este domingo, día 14 de xullo, no miradoiro do parque eólico de Riobarba.

As actividades empezarán ás 12:00 horas con misa na honra a San Vicente de Francos. Ás 14:00 horas haberá unha degustación de produtos típicos e ás 17:00 horas empezará un campionato ecuestre, con 1.740 euros en premios, que serán entregados ás 18:30 horas. E despois empezará o baile.