Xornada
A Xunta de Galicia e a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) convocan en Ribadeo a xornada titulada Industria, emprego e innovación, un encontro para que empresas e administracións de Galicia e Asturias intercambien experiencias ante os retos similares que afronta este territorio. O delegado territorial, Javier Arias, participou este martes na presentación da cita, que terá lugar no centro de formación e experimentación agraria Pedro Murias, de Vilaframil, o 30 de abril, xoves, no marco do programa Conecta Lugo.
A Xunta explica que a xornada “estrutúrase en tres mesas redondas para expoñer as vertentes institucional, técnica e empresarial. Así, na primeira participarán os conselleiros responsables das áreas de medio rural e de industria nas dúas comunidades, María José Gómez e María Jesús Lorenzana por Galicia, e Marcelino...
leer másO Cenima de Foz acollerá o día 2 de abril, xoves, desde as 10:00 horas unha xornada para conmemorar o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.
Esta actividade está organizada por dúas nais focenses, Eva Fernández Rivas e Eva Rubiños López, que queren dar visibilidade a dita condición e explican: “formamos parte dunha sociedade cada vez máis plural, onde todos somos importantes e válidos e buscamos darlle visibilidade a unha parte da poboación que se esforza cada día por encaixar. Como non hai nada máis valioso que o coñecemento e a información veraz e coa finalidade de facer accesible a todo o mundo as estratexias necesarias para abordar, axudar e entender esta neurodiverxencia, nace esta iniciativa que se desenvolverá o xoves día 2 de abril as 10:00 da mañá no salón de actos do edificio do Cenima e que terá as 12:30 horas unha...
leer másViveiro acollerá este venres, día 13 de marzo, unha xornada de reflexión e posta en valor do liderado feminino. Será na Sala Multiusos do Concello ás 20:00 horas.
O Concello de Viveiro anuncia: “dentro da programación do 8M, convidámosvos a unha xornada de reflexión e posta en valor do liderado feminino en diversos ámbitos da nosa sociedade. Contaremos coa presenza de referentes en sectores tan diversos como o gandeiro, o marítimo, a saúde, a enxeñaría ou a estratexia empresarial. Mulleres que, co seu exemplo e loita, lideran o territorio e os sectores estratéxicos”.
Vilanova de Lourenzá acollerá este sábado, día 28 de febreiro, de 10:00 a 13:00 horas unha xornada formativa sobre o castiñeiro de froito.
Esta actividade está organizada polo Sindicato Labrego Galego, que anuncia: “para tratar de saber máis do potencial do cultivo e tratar de poñer os medios para que alguén que decida realizar unha plantación teña os coñecementos necesarios realizaremos esta charla no Salón de Actos do Concello de Lourenzá. Impartida pola Asociación Galega das Castañas e dos Soutos e coa colaboración do Concello de Lourenzá. A entrada é de balde”.
O Concello de Cervo pon en valor a iniciativa Corremos xuntos, chegamos xuntos, unha xornada deportiva e de convivencia organizada polo CEIP Península da Paz con motivo do Día Escolar da Paz, e que conta coa colaboración do Concello, coa que se pretende promover valores como a inclusión, a solidariedade e o respecto a través do deporte. A actividade, inicialmente prevista para o pasado 30 de xaneiro, cando se conmemora o día propiamente dito, tivo que ser aprazada debido ás condicións meteorolóxicas adversas e celebrarase finalmente este mércores, 4 de febreiro, nas pistas de atletismo municipais.
A iniciativa foi presentada nun acto no que participou a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, o concelleiro Adrián Arias, e representantes do CEIP Península da Paz, centro organizador do evento, así como representantes dos...
leer másO GALP A Mariña-Ortegal realizará o 15 de novembro, sábado, en Foz unha xornada divulgativa e inmersiva para a posta en valor da riqueza dos ecosistemas mariños. O proxecto inclúe unha exposición fotográfica internacional, inmersión 360 e contido exclusivo sobre a biodiversidade e os hábitats submarinos de Galicia.
O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal pon en marcha DIVULMAR, un proxecto integral de sensibilización dirixido a toda a cidadanía “co obxectivo de conxugar a posta en valor da riqueza dos fondos mariños coa concienciación sobre o consumo responsable. A iniciativa, organizada por Maremasma, profesionais da bioloxía mariña e a conservación con máis de 10 anos de experiencia, aposta por un formato educativo e inclusivo, onde o obxectivo fundamental é a posta en valor do patrimonio medioambiental do...
leer másOs días 17 e 18 de outubro terá lugar a I Xornada arredor do Forte de San Damián, enmarcada no programa Ribadeo cara o Mar.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjujro, explicou que “os días 17 e 18 de outubro, organizadas polo Concello, dentro das actividades de Ribadeo cara o Mar, levarase a cabo a primeira Xornada arredor do Forte de San Damián, un encontro divulgativo que busca poñer en valor o patrimonio fortificado costeiro e promover a conservación dun dos símbolos máis singulares da nosa vila”.
A edil ribadense contou que “o programa consta de 4 sesións temáticas nas que especialistas de Galicia e Asturias abordarán a evolución das defensas costeiras dende o século XVI ata a época contemporánea, con especial atención ao papel estratéxico da ría de Ribadeo”.
Sanjurjo dixo que “...
leer másO día 25 de setembro, xoves, o Sindicato Labrego Galego organiza unha xornada gratuíta en Ribadeo sobre prevención de riscos laborais e perspectiva de xénero. Será na Aula CeMIT, rúa Antonio Otero 15, 2º (Casa da Xuventude) de 9 a 14 horas.
“Cómpre darlle á prevención a relevancia que ten. É urxente formarse nestes ámbitos. Non o dubides e inscríbete xa nos contactos: teléfono 664.581.949 ou correo electrónico formacion@sindicatolabrego.gal.”
Esta actividade organizada polo Sindicato Labrego Galego conta co financiamento da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, da Xunta de Galicia.
Viveiro será escenario o luns 22 de setembro, no Teatro Pastor Díaz, das Xornadas Inspiracionais do ADN Gastronómico, baixo o lema Cociñar o futuro. Trátase dun encontro dirixido a entidades, profesionais e axentes do ecosistema gastronómico e turístico da vila que servirá para compartir coñecemento, presentar resultados e inspirar o futuro da identidade culinaria de Viveiro.
As xornadas, organizadas polo Concello de Viveiro e Prato_DO, contarán coa participación de expertos e profesionais de referencia no ámbito gastronómico e cultural como Iñaki Gaztelumendi (Spain Culinary Villages), Carlos Nuevo (Cronista Oficial de Viveiro), Lucas Requejo (Prato_DO), Silvia Sánchez e Silvia Timón (ADN Sapiens), Iago Pazos (Abastos), Jorge Guitián (Colectivo Gastronómico A Mariña) ou Daniel Suárez (Asociación de Emprendimiento Rural...
leer másO Concello de Mondoñedo presentou a celebración das Extra XVIII Xornadas do Peregrino Abrindo Camiño, que terán lugar o luns 15 de setembro cunha xornada especialmente dedicada á mestra galego-cubana Andrea López Chao, destacada figura do galeguismo no exterior.
A programación inclúe unha romaría popular na rúa que leva o seu nome, xogos tradicionais, torneo da chave, actuacións musicais, pasarrúas e a inauguración oficial da rúa Andrea López Chao, que culminará cun acto institucional no Auditorio Municipal Pascual Veiga e coa preestrea da mediametraxe documental Andrea López Chao: O legado dunha mestra galega en Cuba. Ademais nesta edición o público poderá gozar da foodtruck de Galicia Sabe Amar, que ofrecerá produtos pesqueiros dos portos galegos ao longo da tarde.
A tenente de alcalde no Concello de...
leer más












