
Vilanova de Lourenzá acollerá este sábado, día 28 de febreiro, de 10:00 a 13:00 horas unha xornada formativa sobre o castiñeiro de froito.
Esta actividade está organizada polo Sindicato Labrego Galego, que anuncia: “para tratar de saber máis do potencial do cultivo e tratar de poñer os medios para que alguén que decida realizar unha plantación teña os coñecementos necesarios realizaremos esta charla no Salón de Actos do Concello de Lourenzá. Impartida pola Asociación Galega das Castañas e dos Soutos e coa colaboración do Concello de Lourenzá. A entrada é de balde”.


