pantalla xigante

17/07/2026

O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza “a vivir con intensidade a gran final do Mundial de fútbol, que se disputará este domingo, nun ambiente festivo e de convivencia na Praza dos Campos. Para a ocasión, instalarase unha pantalla xigante na que se poderá seguir en directo o encontro, convertendo este espazo nun punto de encontro para todas aquelas persoas que queiran animar á nosa selección neste decisivo partido fronte a Arxentina”.

A programación comezará ás 18:00 horas con animación musical, á que se sumarán diferentes actividades para todos os públicos, entre elas un pintacaras e un photomatón, “creando así un ambiente festivo antes do inicio do partido”.

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, anima á veciñanza a participar nesta cita: “queremos que a Praza dos Campos sexa o gran punto de...

leer más