Castiñeiro
Vilanova de Lourenzá acollerá este sábado, día 28 de febreiro, de 10:00 a 13:00 horas unha xornada formativa sobre o castiñeiro de froito.
Esta actividade está organizada polo Sindicato Labrego Galego, que anuncia: “para tratar de saber máis do potencial do cultivo e tratar de poñer os medios para que alguén que decida realizar unha plantación teña os coñecementos necesarios realizaremos esta charla no Salón de Actos do Concello de Lourenzá. Impartida pola Asociación Galega das Castañas e dos Soutos e coa colaboración do Concello de Lourenzá. A entrada é de balde”.
A Reserva da Biosfera Terras de Miño da Deputación Provincial de Lugo levará a cabo en Alfoz unhas Xornadas sobre castiñeiro de froito os días 18 e 25 de marzo.
O horario será de 10:00h a 14:00h ambos días e o lugar de realización o Salón de Actos da Casa da Cultura.
A primeira xornada, 18 de marzo, será teórica e incluirá toda a información sobre:
1. época de plantación
2. preparación do terreo
3. elección da planta (boas aptitudes para froito, madeira e/ou ambas)
4. liñas de axudas para o fomento da plantación e recuperación de soutos (Neste momento está aberto o prazo de solicitude)
5. normativa legal na plantación, distancias, tipos, corta....
6. coidados: guía de cultivo
7. pragas e enfermidades
8. beneficios que pode xerar
9. mercado do sector da castaña
A segunda xornada, 25...
leer más




