Xornadas
A Academia Xacobea presentou nunha rolda de prensa celebrada no Concello de Ribadeo a XXI edición das Xornadas Mar por Medio – Comunicación e proxección dos valores xacobeos, que se celebrarán os días 10 e 11 de outubro.
Na presentación participaron o alcalde de Ribadeo, Daniel Vega; o presidente da Academia Xacobea, Marcelino Agís Villaverde; a reitora da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa Crujeiras; o presidente de honra da Academia Xacobea, Xesús Palmou; a secretaria xeral da Academia, Milagros Otero; e a concelleira de Cultura de Ribadeo, Begoña Sanjurjo.
Na presentación anunciouse tamén a sesión solemne da Academia na que tomarán posesión como académicos John Rutherford, como académico de honra, e Manuel Valín, como académico correspondente.
Marcelino Agís,...
leer másO deputado provincial Daniel García participou na presentación das IV Xornadas Etnográficas da Mariña, que se celebran esta fin de semana, 26 e 27 de setembro, en Ourol e que contan co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
As xornadas, organizadas pola Asociación Tecedeira co apoio da área de Mocidade da Vicepresidencia da Deputación e, nesta edición, coa colaboración Concello de Ourol e da Asociación Aturuxeiros, “converterán Ourol en punto de encontro da cultural tradicional galega, cunha programación de dous días que inclúe concertos, foliada, mostras etnográficas, obradoiros e diferentes propostas participativas enfocadas na transmisión e divulgación do patrimonio cultural e etnográfico galego, e especialmente da comarca da Mariña”, anuncia a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Daniel García...
leer másNa primeira xornada, o día 20 ás 20:00 horas, intervirán Emilio Grandío, que falará sobre “Cambio e modernización: Mañón na Segunda República; o título da charla que pronunciará Hixinio Fuertes será “Chega a guerra ao Barqueiro”; e Xosé Manuel Suárez disertará sobre “Mañonenses no Memorial de Vítimas do franquismo en Ferrol”.
Xa o día 21 tamén ás oito da tarde Carlos Nuevo Cal falará sobre “Lugares da Memoria en Mañón: a Ponte Vella do Barqueiro”; Lucía Santiago disertará sobre “O Plan Cuadrienal de Memoria Democrática e a investigación histórica da fosa en Ribeiras do Sor”; e Fernando Ocampo aludirá a “Os Paseados en Ribeiras do Sor”.
E o día 22 terá lugar ás 13:00 horas do mediodía a homenaxe a Republicanos e Libertarios.
Os actos terán lugar no Centro Sociocomunitario de O Barqueiro,...
leer másA Asociación Sociocultural A Pomba do Arco, de Foz, organiza as XXIX Xornadas de Historia Local do 27 ao 30 de xullo. Cada un deses días haberá unha charla e todas elas serán ás 20:30 horas na Casa da Cultura focega.
A primeira será o luns 27 de xullo e Montse Fajardo falará sobre A represión franquista sobre as mulleres na Mariña.
A do día seguinte tratará sobre Música represaliada e resistente durante a ditadura e correrá a cargo de Mini Rivas.
O mércores 29 Xosé Ramón Ermida abordará o tema A Mariña na loita contra o franquismo nos anos 50 e 60
E a última será o xoves 30, titúlase A represión na Mariña: vítimas e verdugos e correrá a cargo de Xabier Buxeiro.
As XXIV Xornadas de Historia Local organizadas en Ribadeo pola Agrupación Cultural Francisco Lanza serán os días 29 e 30 de xullo, mércores e xoves, e estarán dedicadas a Hernán Naval co título Música, pobo e compromiso.
A Agrupación Cultural Francisco Lanza anuncia as XXIV Xornadas de Historia Local, “dedicadas á figura de Hernán Naval e o seu legado como docente da música e como activista social e cultural. Todas as sesións vanse desenvolver na Escola de Música, o mércores 29 e o xoves 30 de xullo, a partir das 20:30 horas”.
O mércores 29 de xullo ás 20:30 horas no Claustro da Escola de Música haberá unha semblanza da figura de Hernán Naval feita por Rubén Solloso e titulada A música, piar da sociedade. E tamén terá lugar un concerto de cámara a cargo do grupo Naval Ensemble, formado por Nicolás Gómez...
leer másA Asociación Valdeflores organiza unhas xornadas informativas sobre saúde e benestar que se celebrarán no salón de actos do Concello de Lourenzá e estarán abertas a toda a veciñanza. Serán os días 28 de xuño e 2 de xullo.
Este domingo, día 28 de xuño, ás 18:30 horas haberá unha charla titulada
Hipertensión arterial e diabetes mellitus. Ideas claves para o paciente, a cargo de Alba Blanco Vázquez, médica do Centro de Saúde de Lourenzá.
E o xoves 2 de xullo ás 19:00 horas María José García Veiga, traballadora social do Concello de Lourenzá, falará sobre Autocuidado e envellecemento activo.
O Concello de Cervo vén de presentar a segunda edición de Actívate en Xuño, “unha iniciativa de portas abertas coa que se pretende promover o exercicio físico e os hábitos de vida saudable entre a veciñanza”.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, anunciou a programación acompañada das monitoras Belinda Canoura e Nuria Torrado, destacando “o gran resultado acadado polas escolas deportivas municipais de adultos neste curso, que estiveron preto dos 200 inscritos nas diferentes disciplinas ofertadas”.
“O éxito das escolas deportivas municipais demostra que cada vez hai máis veciños e veciñas comprometidos cun estilo de vida activo e saudable. Dende o Concello queremos seguir reforzando esa dinámica, ofrecendo alternativas accesibles, gratuítas e abertas a todo o mundo”, sinalou a rexedora.
... leer másAs Escolas Deportivas Burela FS abren o prazo de inscrición para as Xornadas de Portas Abertas deste verán, na que nenas e nenos de entre 5 e 17 anos (dende a categoría biberón a xuvenil, feminino e masculino) poderán probar de forma totalmente gratuíta “un dos deportes máis practicados e seguidos na comarca e, sobre todo, na vila de Burela”.
“A histórica entidade, que este ano cumpre os 25 anos, está conformada por 20 equipos e forman parte dela 210 deportistas, sendo recoñecida a nivel nacional e mundial polos seus dous equipos sénior que compiten nas máximas categorías. Como non podía ser menos, contará cos mellores técnicos profesionais, xogadores/as dos equipos sénior para dirixir as diferentes categorías deste evento ao que cada edición asisten numerosos nenos e nenas que, ademais de aprender conceptos básicos da disciplina, asimilan valores deportivos e prácticas...
leer másO porto de Burela acolle esta semana, o mércores 13 e o xoves 14 de maio, as 33ª Xornadas Técnicas e o 27º Encontro Empresarial, que organiza un ano máis a Fundación Expomar co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027.
A Fundación Expomar anuncia que “os profesionais e entidades máis representativas do sector pesqueiro a nivel nacional e europeo danse cita en Burela para abordar os principais retos e dificultades actuais na pesca e debater acerca do futuro do sector pesqueiro”.
Na apertura das Xornadas 2026, que se volverán celebrar no salón de actos da Confraría de Pescadores de Burela, e que se poderán seguir en directo a través da web de expomar.com, estará presente a conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Marta Villaverde,...
leer másEste sábado, día 9 de maio, o Auditorio Municipal Pascual Veiga, de Mondoñedo, acollerá unha nova edición das Xornadas de Atención Temperá, “un espazo de encontro e aprendizaxe arredor do desenvolvemento infantil”, anuncia a organización, que explica: “durante a mañá contaremos con profesionais de referencia que abordarán cuestións clave como os sinais de alerta no desenvolvemento motor, o neurodesenvolvemento a través de casos clínicos, a prevención desde a odontoloxía en idades temperás e o desenvolvemento comunicativo e as rutinas de crianza. Unha oportunidade única para profesionais e familias interesadas no benestar e desenvolvemento da infancia”.
Esta actividade desenvolverase de 9:00 a 14:30 horas e entregarase certificado de asistencia.












