Historia Local
A Agrupación Cultural Francisco Lanza organiza as XXIII Xornadas de Historia Local en Ribadeo desde este mércores, 16 de xullo, ata o venres 18. O título é As mulleres fronte á historia e as actividades serán no salón de actos da Casa do Mar ás 20:30 horas os tres días.
O mércores 16 haberá unha charla coloquio sobre Os ámbitos da cultura e o mundo académico e científico, na que participarán Carmen Rodríguez Cancelo (directora da Coral Polifónica de Ribadeo) e Montserrat Iglesias (farmacéutica e autora de estudos sobre Manuela Barreiro Pico).
O xoves o historiador e investigador Xosé María Leal Bóveda falará sobre Historias de mulleres resilientes nos séculos XVIII e XIX.
E o título da conferencia do venres é A muller no agro galego: afouteza e perseverancia,...
leer másA asociación socio cultural A Pomba do Arco, de Foz, organiza a vixésimo oitava edición das Xornadas de Historia Local, que se desenvolverán do 28 ao 31 de xullo con catro charlas. Todas elas serán na Casa da Cultura focega ás 20:30 horas.
O luns 28 Ugia Pedreira ofrecerá a charla titulada Achegamento á musica de tradición oral na Mariña; o martes 29 Vidal Martínez-Sierra falará de Os maragatos na Mariña; o mércores 30 haberá unha intervención de Antonio Reigosa sobre A literatura de tradición oral na Mariña; e o xoves 31 Manuel Miranda ofrecerá a conferencia titulada O patrimonio arqueolóxico de Foz.
A Asociación Cultural Francisco Lanza, coa colaboración co Concello de Ribadeo, festexa o seu 50 aniversario coas XIX Xornadas de Historia Local que terán lugar os días 16 e 17 de xullo no Auditorio de Cabanela.
O venres ás 19:30 horas terá lugar a presentación da edición conmemorativa dos Cadernos Ribadenses a cargo dos que foron presidentes e presidentas da asociación, José Yáñez Basanta, Eduardo Gutiérrez Fernández, Teresa Díaz Estévez, Xavier Campos López e Dores Fernández Abel.
O sábado ás 12:30 horas celebraranse os 50 anos da asociación con música, poemas, teatro e palabras de agarimo. Actuarán: Cuarteto Illa Pancha, Carme Rodríguez, Coral Polifónica, Toni Deaño e Pandereteiras de Amigos da Gaita. Ás 14:30 horas terá lugar un xantar de confraternidade para o que será necesario facer reserva previa. Ás 16:30...
leer más