Narración
O Concello de Cervo convoca un certame de narración e debuxo infantil con motivo do Día das Letras Galegas. O prazo para presentar os traballos na Biblioteca Municipal está aberto ata o día 13 de maio.
O alumnado dos centros escolares do municipio -CEIP de Cervo, CEIP Península da Paz e IES Marqués de Sargadelos- recibiu un marcapáxinas que contén as bases do concurso.
O certame está aberto a todos os nenos e nenas, que deberán presentar unha narración en galego ou un debuxo baixo a temática Ler con Coñecemento. O fallo do xurado local farase público antes do 17 de maio, Día das Letras Galegas.
Os traballos premiados nesta primeira fase local participarán na fase provincial do certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, baixo o patrocinio da Consellería de Cultura, da...
leer másA Biblioteca Pública Municipal de Burela convoca a fase local do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2024.
Os traballos premiados neste concurso participarán na fase provincial do mesmo, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo co patrocinio da Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia.
Poderán participar todos os nenos e nenas de ata 16 anos, establecéndose tres categorías por idade: a categoría A ata 8 anos, a categoría B de 9 a 11 anos e a categoría C de 12 a 16 anos. O prazo de presentación dos traballos rematará o día 16 de maio, data a partir da cal o xurado premiará un máximo de 3 traballos por categoría.
Cada neno ou nena deberá presentar, ben relatos en galego cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara sobre o tema "Ler para pensar, pensar...
leer másO salón de actos do Concello de Alfoz acollerá un espectáculo de narración oral para nenas e nenos a cargo de Raquel Queizás sobre a vida e a bora da poeta Luísa Villalta, autora á que se dedica o Día das Letras Galegas este ano. Esta representación, titulada “As chaves de Lu”, será o venres 10 de maio ás 12:00 horas.
É unha actividade organizada pola Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, coa colaboración do Concello de Alfoz.
Raquel Queizás ofrecerá o seu espectáculo de narración oral titulado ‘Soñadora das árbores’ este sábado, 30 de setembro, ás 19:00 horas no salón de actos da Casa de Cultura de Alfoz. É para todos os públicos.
Ese mesmo día de 17:00 a 19:00 horas na biblioteca pública municipal de Alfoz terá lugar o obradoiro Pinga a Pinga, “para coñecer máis sobre a auga e o seu coidado a través de vídeos, manualidades e dinámicas de grupo”.
Está organizado polo Concello de Alfoz, que explica: “Soñadora das árbores, chamábanlle así desde pequena porque sempre estaba na póla. O que máis lle gustaba era perderse no monte para escoitar as historias que contaban as árbores senlleiras, as árbores nai. Ata que un día pedíronlle axuda!! Non o dubidou un intre, empoleirouse no vello carballo para evitar que o tallaran. E cambioulle a vida...
leer másUn ano máis o Festival Internacional de Narración Oral Atlántica estará en Alfoz. No Castelo de Castrodouro como é habitual. As actuacións previstas son:
O sábado día 1 ás 21:00h no Castelo de Castrodouro volve o Festival Atlántica a Alfoz. Pedro Mario López de Cuba presentará "Urdimbres", dirixida a público aduto, de balde, en castelán. Espectáculo que enlaza con humor, ironía e dor historias de profundas resonancias humanas. Contos que narran a vida desde a perspectiva do narrador, conectado coas historias de moitos e moitas que emerxen poeticamente para confrontar a súas voces coa ecoloxía da incerteza; tupidos urdidos entre os que despregan o seus tránsitos o amor, o desarraigamento, a esperanza, o esquecemento ou, dito doutra maneira, a vida en permanente pulso coa morte.
O domingo 2 de xullo, ás 19:00h no...
leer másAlfoz participa un ano máis en Atlántica Festival Internacional de Narración Oral os días 2 e 9 de xullo. É un dos 24 municipios nos que terán lugar actuacións do festival, un dos máis importantes da Península Ibérica, que leva unha década reunindo a todo tipo de públicos diante dunha tradición galega e, ao mesmo tempo tan internacional, coma os contos.
As actuacións serán no exterior do Castelo de Castro de Ouro, ás 20:30 horas, con acceso libre, gratuíto e dirixidas a público adulto.
O 2 de xullo: Santi Prego e Jorge de Arcos presentan “O teatro máis pequeno do mundo”.
Santi Prego é actor de teatro, cine e TV, titiriteiro e narrador oral a quen todos coñecemos polo seu traballo en series como Néboa, O sabor das margaridas, Rapa, etc. Comezou a contar a mediados dos anos '90 en institutos e as súas...
A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, de Alfoz, convoca un certame de narración e debuxo para celebrar o Día das Letras Galegas, este ano dedicado a Xela Arias. Os organizadores do concurso animan “aos máis cativos da casa a crear arte na nosa lingua”.
A temática do certame é libre, hai premios para os mellores traballos e divídense en catro categorías: ata 5 anos de idade, de 6 a 8 anos, de 9 a 11 anos e de 12 a 16 anos.
O prazo para entregar o traballos remata o 14 de maio.
Para organizar esta actividade a Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo conta coa colaboración do Concello de Alfoz, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia.
A Biblioteca Pública Municipal “El Viejo Pancho”, de Ribadeo, convoca o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2021 na súa fase local.
Na cita poden participar todas as nenas e nenos con:
-A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara sobre o tema: “O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural. (Art. 37 Convención sobre os Dereitos do Neno).”
-B) Debuxos, feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4 (folio), sobre o tema: “O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural. (Art. 37 Convención sobre os Dereitos do Neno.”
Cada autor/a pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. No reverso de cada traballo irán escritos os...
leer másA Concellería de Cultura de Burela, a través da Biblioteca Pública Municipal, convoca o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2021 na súa fase local.
Poderán participar todas as nenas e nenos do Concello de Burela con narracións en galego cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara sobre o tema O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural (Artigo 31 Convención sobre os Dereitos do Neno) .
Tamén poderán participar con debuxos feitos sobre cartulina cun tamaño aproximado de DIN A4 e coa mesma temáticas que as narracións.
Cada participante pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados , escritos a máquina ou a man. Neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. Cada traballo acompañarase dunha folla co nome e os datos do autor ou autora....
leer másA biblioteca pública de Alfoz convoca os certames de narración e debuxo infantil para celebrar o Día das Letras Galegas 2021. Hai tres categorías: ata 8 anos; de 9 a 11 anos; e de 12 a 16 anos. O tema é “O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural”.
Os traballos recolleranse na Biblioteca Pública de Alfoz ata o día 24 de maio e as bases están publicadas na páxina web do Concello.