Seguridade

04/04/2025

O luns 7 de abril ás 17:00 horas no Centro Sociocomunitario de Mondoñedo impartirase un obradoiro titulado Seguridade no fogar, da man do Sergas e a Escola Galega de Saúde para Cidadáns.

Será impartido por Enrique del Arco Herrero, licenciado en Farmacia e técnico en Prevención de Riscos

Para participar hai que anotarse no centro ou a través dos teléfonos 982.82.83.91 ou 982.82.83.89. A inscrición é gratuíta.

O programa inclúe: seguridade na realización de actividades diarias, pautas para mellorar a seguridade dentro do fogar, caídas dentro e fóra do fogar e novas tecnoloxías como facilitadoras da seguridade.

12/03/2025

Saldoira, no concello da Pontenova, acollerá unha charla da Garda Civil sobre seguridade para persoas maiores este sábado, día 15 de marzo. Será ás 17:00 horas no Centro Social Blanca Muruais. A entrada é gratuíta con aforo limitado.

Está organizada pola asociación veciñal San Pedro da Ribeira e a súa presidenta, Alba Fernández Lodeiro, explica que é “unha charla para previr estafas, timos, roubos... á xente maior”.

Etiquetas:
27/02/2025

Preto de 1.100 escolares de 12 colexios da Mariña participarán nun programa piloto de educación viaria para alumnado de Primaria promovido pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP.

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e responsables de Roqsport, a empresa que organiza as actividades, presentaron hoxe a iniciativa, que se desenvolverá ao longo das vindeiras semanas nos pavillóns dos propios centros de ensino.

O calendario previsto comezará o xoves 6 de marzo no CEIP Lois Tobío de Viveiro, coa asistencia de 179 nenos e nenas do segundo e terceiro ciclo de Primaria. 

Os seguintes centros e datas previstas son os CEIP Península da Paz de Cervo (o venres 7 de marzo); Pedro Caselles Rollán de Xove (o luns 10); Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo (mércores 12); Vista Alegre...

leer más
24/11/2024

A Garda Civil impartirá unha charla sobre seguridade cidadá en Mondoñedo o día 27 de novembro, mércores. Será ás 11:00 horas no Centro Sociocomunitario.

Esta charla forma parte do Plan Maior de Seguridade, que está dirixido á prevención e mellora da seguridade das persoas maiores.

É unha actividade organizada pola Garda Civil e o Concello de Mondoñedo en colaboración co Centro Sociocomunitario.

07/06/2024

O Concello de Ourol, en colaboración coa Garda Civil, vai a levar a cabo unha charla sobre riscos de estafa, roubos nos domicilios, timos e outros problemas de seguridade nas persoas maiores. Está enmarcada dentro do Plan Maior de Seguridade posto en marcha polo Ministerio de Interior dirixido á prevención e mellora da seguridade das persoas maiores. Terá lugar no Edificio Multiusos do Concello o día 13 de xuño, xoves, ás 11:00 horas.

Para máis información as persoas interesadas poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (teléfonos 982.55.91.09 e 677.489.457).

 

Etiquetas:
02/05/2024

O Concello de Burela organiza, coa colaboración da Garda Civil, unha charla para previr as estafas a través do teléfono móbil. Será o luns 6 de maio ás 19:00 horas no salón de plenos da Casa do Concello.

Esta actividade forma parte do Plan Maior de Seguridade.

Etiquetas:
02/05/2023

A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá un curso presencial de ciber seguridade. Será o 23 de maio en horario de 11:30 a 13:00 horas. 

Desde a Aula CeMIT indican que “para participar é preciso inscribirse. As reservas comezan dende hoxe e poden facerse no teléfono 982120732 ou no correo cemit.ribadeo@xunta.gal. O prazo de inscrición telefónica estará aberto ata o 5 de maio. No correo poderás facer a túa solicitude de reserva ata o último día”.

E explican que “conscientes do reto que supón para gran parte da poboación o avance da dixitalización, queremos que saibas que podes contar con nós para superar as barreiras que atopas no teu día a día e, o máis importante, que o fagas con seguridade. No curso daremos unha visión global sobre a actualidade da dixitalización,...

leer más
Etiquetas:
25/08/2020

Acisa presentou un novo vídeo promocional, dentro da campaña Ribadeo Seguro, no que salienta a calidade e seguridade dos establecementos asociados. A iniciativa, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, pretende ademais axudar á promoción turística do concello no que resta de ano, apostando deste xeito pola desestacionalización.

O xerente da patronal ribadense, Jesús Pérez, declarou que “este novo vídeo amósalle á cidadanía a calidade dos nosos establecementos, así como o cumprimento estrito das normas, e fai un chamamento á confianza dos nosos clientes. É moi importante, agora que remata a tempada alta de turismo en Ribadeo, que desde Acisa teñamos dúas liñas de actuación neste senso. Por un lado, potenciar o turismo desestacionalizado, o de setembro e outubro, que ademais en Ribadeo sempre tivo unha grande presenza. E en segundo...

leer más