Maiores
O Concello de Ribadeo segue apostando polo benestar e a saúde das persoas maiores, e este mes de maio preséntase co tema O coidado da pel: o manexo e a prevención das úlceras por presión. As datas e os lugares de celebración serán os días 14 de maio ás 18:00 en Ribadeo, o 15 ás 16:00 en Cedofeita, o 26 de maio ás 16:00 en Cinxe e o 27 de maio ás 18:00 en Vilaselán.
A concellería de Benestar Social, Saúde e Familia, anuncia a realización dunha serie de charlas informativas durante o mes de maio en diferentes parroquias do municipio. Esta iniciativa enmárcase dentro do programa Preto de Ti, “que ten como obxectivo achegar recursos de saúde, autocoidado e prevención á veciñanza, especialmente á poboación maior e aos seus coidadores”, lembra Elena Sierra.
A edil ribadense explica que “as charlas serán...
leer másO Concello de Foz, a través da Área de Servizos Sociais, organiza un ano máis a xuntanza dos maiores do municipio. Será o día 23 de febreiro, domingo.
A concelleira de Servizos Sociais, Ana Rojo, anuncia que “esta nova xuntanza celebrarase o día 23 de febreiro na carpa instalada na rúa Atalaia (carpa do Carnaval), habilitada con baños e calefacción. Como novidade este ano, haberá sesión vermú, con música en directo, amenizada polo trío Latino a partir das 13:30 horas. Os asistentes poderán degustar unha comida totalmente gratuíta, cun menú a base de cecina, callos, codillo ó forno con patacas fritidas con guarnición, pan, bebidas variadas, café, chupito, e un doce elaborado polo obradoiro de pastelería Bahía. Servido polo cátering Chao de Brea. Haberá sorteo de agasallos para os participantes, ademais de sorpresas para a dona e o cabaleiro...
leer másA medicina antienvellecemento centrará a charla que impartirá en Cedofeira o vindeiro 5 de febreiro José Antonio Flórez Lozano, catedrático da Facultade de Medicina e Ciencias da Universidade de Oviedo.
Será na Escola de Cedofeita ás 18:00 horas. A cita está organizada pola Concellería de Benestar Social, Saúde e Familia. A súa responsable, Elena Sierra, explica que “el doctor Flórez Lozano nos hablará de lo conveniente que es envejecer con humor. Ese es el mejor fármaco para la salud y la longevidad. Es una conferencia con la que animará a los asistentes a vivir plenamente esta etapa de la vida con desafíos, expectativas, ilusiones, trabajo, esfuerzo y superación”.
E engade: “ya tuvimos la suerte de recibir en Ribadeo, en el Salón de los Alcaldes del Concello, al doctor Flórez Lozano el pasado mes de diciembre y...
leer másO Concello de Ourol celebrará un Encontro de Maiores o día 27 de outubro, domingo, ás 14:00 horas. Será no restaurante Louzao, de Area (Viveiro).
Esta actividade é gratuíta para persoas maiores de 55 anos empadroadas no Concello de Ourol. Os cónxuxes ou parellas que non estean empadroados poderán acudir aboando o importe da comida. As persoas dependentes poderán ir cun acompañante.
A data límite para anotarse é o 24 de outubro e hai que recoller a entrada no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (Teléfonos 982.55.91.09 e 677.48.94.57).
O Concello de Xove ofrece obradoiros para persoas maiores no programa de outono inverno, que organizan as delegacións de Xuventude e Deporte, Servizos Sociais e Igualdade e a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).
Dende o día 1 de outubro ata maio de 2025 desenvolverase obradoiros de bordado, bolillos e ioga. Tamén haberá cursos de informática para maiores do 4 de novembro ao 9 de decembro e outras actividades como ximnasia na auga, ximnasia de mantemento, aerobic & full body, pilates e escola de maiores.
O prazo de inscrición ábrese este mércores 18 e remata o día 26 na OMIX.
O Concello de Ourol presenta a programación de actividades para persoas maiores 2024-2025.
Haberá ximnasia de mantemento, os martes e venres, a partir das 11:30 horas. Esta actividade dará comezo o 1 de outubro.
Tamén se impartirá ioga suave e meditación, os mércores, ás 11:00 horas, desde o 2 de outubro.
Completará esta programación o taller de adestramento da memoria que se levará a cabo os luns, ás 11:00 horas, desde o 7 de outubro.
Estas actividades terán lugar no edificio multiusos e as persoas interesadas deben acudir ao departamento de Servicios Sociais para cubrir a ficha de inscrición. A data límite para anotarse é o 26 de setembro.
A Delegación de Deportes e Servizos Socias do Concello de Burela leva a cabo o programa Envellecemento Activo-Ximnasia para xoves de +60. As persoas interesadas poden inscribirse dende o día 9 ata o 18 de setembro na Casa do Concello.
O programa está dirixido a persoas maiores activas e ofrece ximnasia, xogos e actividades diversas.
Desenvolverase en tres grupos: o primeiro será os luns e mércores de 10 a 11 da mañá; o segundo grupo tamén luns e mércores de 11 a 12 do mediodía; e o terceiro grupo reunirase os martes e os xoves en horario de 10:00 a 11:00. As actividades levaranse a cabo na Praza de Abastos.
A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, explica que “Preto de Ti se va de Xira este año. Todas las parroquias celebraremos juntas este domingo tan especial: degustaremos una sabrosa comida, charlaremos, reiremos,… Y todo ello acompañado de un fondo musical imprescindible en este día, el de la gaita y las actuaciones que allí se llevarán a cabo”.
A edil ribadense anuncia que “para acercarnos al monte de Santa Cruz contaremos, como ya fue el caso en la fiesta de As Cruces, de un autobús que irá parando en cada parroquia. La subida la tenemos prevista para la una de la tarde. Y la comida de fraternidad para las 14:30 horas. A través del grupo de whatsapp de Preto de Ti y de las redes sociales del Concello de Ribadeo les informaremos a lo largo de los próximos días de los horarios del servicio de bus”.
Elena...
leer másEste sábado, 20 de abril, haberá un novo guateque de Arruguiñas, que será amenizado polo dúo Eclipse. Será na Escola de Rúa ás 21:00 horas.
Está organizado polo Concello de Cervo en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras.
Ás 12:30 horas haberá unha recepción na Casa da Cultura, e as persoas que o precisen disporán de autobús para achegarse ao xantar, que sairá ás 13:30 horas.
A partir das 14:00 horas haberá comida e baile no pavillón dos Institutos.
Poden participar no Día da 3ª Xuventude as persoas empadroadas en Burela con máis de 65 anos ou con 60 anos cumpridos sempre e cando sexan pensionistas da Seguridade Social. Poderán vir acompañadas pola súa parella.
A inscrición poderá ser realizada na Casa do Concello de Burela, e o prazo para anotarse estará aberto dende mañá, 11 de abril, ata o 24 de abril.