Maiores
O vindeiro luns, 26 de agosto, ábrese o prazo de inscrición no programa AXILMENTE, que organiza a Concellería de Servizos Sociais, en Burela.
A edil Noelia Mª Ben explicou que “dende o vindeiro luns, 26 de agosto, e ata esgotar prazas (2 grupos de 15), as persoas maiores de 65 anos residentes no Concello de Burela, con preferencia os/as empadroados/as, poderán inscribirse no programa AXILMENTE, que terá lugar en dúas quendas: luns/mércores e martes/xoves de 17:00 a 18:30 horas na Casa da Terceira Idade. A actividade dará comezo o 2 de setembro”.
A concelleira de Servizos Sociais sinalou que “se trata dun obradoiro de promoción da autonomía persoal, de carácter gratuíto, baseado na estimulación cognitiva e na prevención da dependencia, no que se pretenden traballar as variables que determinan o envellecemento...
leer másO Concello acolleu este mediodía a presentación do programa Camiños de coñecemento e experiencia que leva a cabo o Vicerreitorado de Títulacións da Universidade de Santiago de Compostela, e que pretende achegar o traballo das distintas áreas de investigación ás vilas que así o demandan. Trátase dun programa de formación universitaria para persoas maiores de 50 anos. En Ribadeo haberá tres seminarios durante o mes de maio, o primeiro será a partir do día 13, e para participar é preciso inscribirse xa que cada un dispón de 15 prazas. As persoas interesadas en asistir poden anotarse do 2 ao 12 de maio na Área de Servizos Sociosanitarios do Concello.
A directora do Programa Universitario de Maiores da USC cuarto ciclo, Esther Olveira, explicou que “Camiños de coñecemento e experiencia é unha aposta que se leva a cabo desde a Vicerreitoría de...
leer másA actividade está dirixida a persoas maiores e desenvolverase os días 13, 14 e 15 deste mes de maio. Terá lugar na Aula CeMIT en horario de 16:00 a 17:30 horas
Este curso, realizado en colaboración con Vodafone España, introducirá aos participantes no uso básico destes dispositivos e demostraralles tamén as múltiples vantaxes e posibilidades que se lles abren aproveitando estas tecnoloxías que combinan unha gran portabilidade e accesibilidade desde calquera sitio e lugar.
A Fundación Vodafone España poñerá a disposición dos asistentes 10 tabletas para que, os que non dispoñan destes dispositivos, poidan practicar durante as clases. O obradoiro será exclusivamente para tabletas co Sistema Operativo Android, non se traballará con IPads.
O número de prazas é limitado e será necesario facer...
leer másA Aula CeMIT do Concello de Ribadeo impartirá un obradoiro gratuíto sobre o manexo de tablets. Está dirixido a persoas maiores.
A actividade, que se celebrará os días 19, 20 e 21 deste mes de novembro, está orientada principalmente a introducir ás persoas maiores no uso básico destes dispositivos, e mostrarlles as múltiples vantaxes e posibilidades que se lles abren aproveitando estas tecnoloxías ao combinar unha gran portabilidade e accesibilidade desde calquera sitio e lugar. O obradoiro desenvolverase en horario de 16:00 a 17:30 horas e terá lugar na Aula CeMIT de Ribadeo.
O número de prazas é limitado e para participar é necesario facer a pre inscrición antes do venres, día 16, na propia Aula CeMIT ou chamando ao número de teléfono 982 120 732.
A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo...
leer másO Concello de Ourol iniciou este martes, día 2, a súa programación para persoas maiores coa celebración dun curso de ximnasia de mantemento.
Esta actividade terá lugar os martes e os venres, en horario de 11:00 a 12:00 horas, no edificio multiusos do Concello de Ourol. O obxectivo é mellorar a calidade de vida das persoas maiores e retrasar os efectos do envellecemento a través da realización de exercicio físico adaptado como parte dos seus hábitos diarios. As persoas interesadas en participar deberán dirixirse ao departamento de Servizos Sociais ou chamar ao número de teléfono 982 55 91 09 (preguntar por Teresa ou Berta).
Ademais o vindeiro 17 de outubro dará comezo un obradoiro de adestramento da memoria que se celebrará os mércores, de 11:00 a 12:30 horas, no edificio multiusos.
Con...
leer másO Goberno local do Concello de Mondoñedo ultima xa a celebración da Festa dos Maiores que se vai levar a cabo na localidade o vindeiro mércores 17 de outubro, coincidindo coas San Lucas.
Ás 14:00 horas dará comezo a comida-baile no pavillón municipal de deportes. Está previsto que sexa unha xornada de confraternización na que non van faltar a gastronomía típica, o baile, a festa e os agasallos para todos os participantes. O xantar estará amenizado pola Orquestra Mindoniense Principal.
A rexedora, a popular Elena Candia, convida a participar nesta cita que supón, unha edición máis, “un día de festa e de ledicia paraos veciños e veciñas”.
Inscricións
As persoas empadroadas no Concello de Mondoñedo maiores de 65 anos e os pensionistas de calquera idade, xunto coas súas parellas, terán...
A Delegación de Servizos Sociais do Concello de Alfoz organiza o XXVII Festival da Terceira Idade o 7 de outubro.
A festa está dirixida a todas aquelas persoas que teñan máis de 65 anos ou sexan pensionistas, que poderán ir acompañadas dos seus cónxuxes.
O programa de actividades para esa xornada dará comezo ás 12:30 horas, cunha misa na igrexa parroquial de San Pedro de Mor. A continuación celebrarase unha comida de confraternidade na Finca Galea.
As persoas interesadas en asistir a esta festa deberán inscribirse na Oficina de Servizos Sociais do Concello. O prazo remata o 3 de outubro.
A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo organiza un taller dirixido a persoas maiores para ensinarlles o manexo de teléfonos móbiles e tabletas. A actividade, denominada Ao lado dos nosos maiores, terá lugar na Aula CeMIT os días 18 e 25 de xuño, en horario de 11:30 a 13:30 horas.
O taller, impartido por persoal de Orange, ten como obxectivo ensinar aos participantes as pautas básicas do funcionamento dos móbiles e das tabletas, así como solucionar as dúbidas que poidan ter para facer a súa experiencia máis doada, que adquiran maior autonomía persoal e que se familiaricen coa tecnoloxía móbil.
Durante as catro horas de actividade é recomendable que as persoas maiores leven os seus teléfonos móbiles e tabletas para aprender a enviar fotos, vídeos e mensaxes por WhatsApp, gardar contactos, facer chamadas, acceder e...
leer másO Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol organiza un Encontro de Maiores que terá lugar o 28 de abril en Covas.
Esta xuntanza é para as persoas maiores de 55 anos empadroadas no Concello de Ourol, dará comezo ás 14:30 horas e celebrarase no resort Las Sirenas, de Covas (Viveiro).
A data límite para anotarse é o día 19 de abril.
Despois da comida haberá baile e sorteo de regalos.
O Concello de Foz organiza unha comida gratuíta para os maiores de 60 anos empadroados no municipio. Será o día 21 deste mes, sábado, e o prazo para retirar as tarxetas no centro social empeza mañá, martes.
O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, manifestou hoxe: “desde o Concello de Foz queremos informar a todos os veciños, especialmente a aqueles que teñan máis de 60 anos e estean empadroados no noso concello, que o noso Concello fará a comida dos nosos maiores, como se fixo o ano pasado, cun resultado estupendo e a xente quedou moi contenta. Será o sábado 21 de abril na Sala Bahía a partir das 14:00 horas e o menú será de entremeses variados, carrilleiras con patacas, brazo de xitano, xeado, viño, auga, refrescos, café e chupito. Despois haberá un baile para que poidamos seguir a festa durante toda a tarde”.
... leer más