Xuntanza

Etiquetas:
10/03/2026

O día 21 de marzo, sábado, ás 14:30 horas celebrarase a décimo primeira edición da Xuntanza de Pepes e Pepas en Foz. Nesta ocasión ocúpanse da organización María José Fega e María José Villarino.

Este festexo, que foi creado por iniciativa de José Ramón Vila, celebrase en cada edición nun establecemento hostaleiro de Foz distinto e moitos dos participantes son Josés, Josefas, Pepes e Pepitas do municipio focego, pero habitualmente tamén conta con asistentes doutras localidades da Mariña. Nesta ocasión terá lugar no restaurante Xoíña e, ademais da comida, haberá sorpresas e agasallos, como anuncia a organización.

O prezo por persoa é de 45 euros por persoa e para participar hai que inscribirse previamente a través dos teléfonos 610.44.35.56 ou 699.314.409.

Etiquetas:
16/02/2026

O vindeiro 8 de marzo terá lugar a V Xuntanza de Mulleres organizada polo Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol, que anuncia: “con este evento queremos crear un espazo que sirva de punto de encontro para brindar polos logros acadados e, sobre todo, para seguir reclamando xuntas os dereitos que aínda nos quedan por conquistar ata acadar unha igualdade real. Vémonos para compartir mesa, conversa e baile nun día cheo de sororidade”.

Será no restaurante Louzao (Viveiro) ás 14:00 horas. O custe é de 35 euros e as entradas poden recollerse no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol ata o 4 de marzo.

Etiquetas:
11/02/2026

A xuntanza anual dos maiores organizada polo Concello de Foz celebrarase o día 1 de marzo, domingo, na carpa instalada na rúa Atalaia.

A concelleira Ana Rojo anuncia que “o Concello de Foz, dende a delegación de Servizos Sociais, organiza un ano máis a tan esperada xuntanza dos nosos maiores do municipio (empadroados no Concello), cita especial que como cada ano preparamos con moita ilusión. Esta nova xuntanza celebrarase o día 1 de marzo na carpa instalada na rúa Atalaia (carpa do Carnaval), a cal contará con calefacción, baños diferenciados de mulleres e homes e adaptados para persoas con mobilidade reducida, ademais dos accesos de entrada e saída a carpa libres de barreiras arquitectónicas”.

A concelleira de Servizos Sociais explica tamén que “ás 13.30 horas iniciaremos a sesión vermú con música en directo,...

leer más
Etiquetas:
26/04/2025

A FCAM (A Mariña Federación) convoca ao empresariado da comarca a unha asemblea xeral, que terá lugar o vindeiro luns, 28 de abril, ás 19:30 horas no Cenima, en Foz. 

No acto intervirán: José Carlos Paleo, tesoureiro na actualidade e ex presidente da Mariña Federación; Beatriz Irigoyen, asesora da FCAM; e Carmen Cruzado, presidenta da FCAM. Os tres explicarán a traxectoria da FCAM desde a súa posta en marcha, o traballo desenvolvido ao longo destes anos e os proxectos nos que está a traballar na actualidade para contribuír á dinamización económica da comarca e das súas empresas. 

Cruzado Iglesias lembra que “o obxectivo desta xuntanza é que sirva de punto de encontro para sumar a todas as asociacións de comerciantes e hostaleiros da Mariña e tamén aos colectivos do ámbito turístico ao noso proxecto. Tamén queremos...

leer más
Etiquetas:
12/02/2025

O Concello de Foz, a través da Área de Servizos Sociais, organiza un ano máis a xuntanza dos maiores do municipio. Será o día 23 de febreiro, domingo.

A concelleira de Servizos Sociais, Ana Rojo, anuncia que “esta nova xuntanza celebrarase o día 23 de febreiro na carpa instalada na rúa Atalaia (carpa do Carnaval), habilitada con baños e calefacción. Como novidade este ano, haberá sesión vermú, con música en directo, amenizada polo trío Latino a partir das 13:30 horas. Os asistentes poderán degustar unha comida totalmente gratuíta, cun menú a base de cecina, callos, codillo ó forno con patacas fritidas con guarnición, pan, bebidas variadas, café, chupito, e un doce elaborado polo obradoiro de pastelería Bahía. Servido polo cátering Chao de Brea. Haberá sorteo de agasallos para os participantes, ademais de sorpresas para a dona e o cabaleiro...

leer más
29/07/2024

A Peña Barcelonista de Mondoñedo anuncia: “este ano aparte de celebrar a nosa tradicional Cea de Fin de Tempada (aberta para tod@s os que queirades participar) tocounos organizar a II Xuntanza de Peñas Barcelonistas da Mariña e Occidente de Asturias. O evento celebrarase na Finca San Antonio, de Mondoñedo”. Será este sábado, 3 de agosto, ás 21:30 horas.

O evento estará amenizado por un DJ e haberá sorteos de agasallos.

20/06/2024

Mondoñedo acollerá unha xuntanza de vehículos clásicos este sábado, 22 de xuño. É a décima edición deste evento organizado pola asociación Clásicos Mindoniense.

As actividades empezarán ás 10:00 horas coa recepción e inscrición dos vehículos, entrega de tickets para a comida e sorteo de regalos. Ás doce do mediodía comezarán unha ruta e ás 15:00 horas será a comida e ao rematar o xantar farase entrega de premios e sorteo de agasallos. E ás 20:00 horas os participantes degustarán pinchos.

Etiquetas:
29/02/2024

O Concello de Ribadeo quere aunar a sostibilidade e a gastronomía e para elo creará unha nova modalidade de premio. Será a tapa máis sostible dentro do concurso de tapas Ribadeo Tapeo, apostando así por alimentos de proximidade. Será unha iniciativa pioneira que se levará a cabo contando coa asociación Eo Alimenta. 

A concelleira de Promoción Económica, Marta Saiz, indicou que “nesta nova edición damos prioridade á sostibilidade, pois é unha aposta clara de futuro que influirá de forma positiva na nosa comunidade e na economía local. Queremos iniciar e establecer unha rede de contactos entre as persoas hostaleiras e as persoas produtoras da zona. Así creamos a categoría de tapa sostible na que un dos requisitos será que a tapa esta elaborada nun 50% con ingredientes procedentes da proximidade”.

A edil ribadense...

leer más
Etiquetas:
23/02/2024

O Concello convoca ao sector hostaleiro a unha xuntanza para preparar o Ribadeo de Tapeo 2024. Será o vindeiro luns, 26 de febreiro. 

A concelleira de Promoción Económica e Iniciativa Empresarial, Marta Saiz, explicou que “desde o Concello xa estamos traballando no Ribadeo de Tapeo. E o que pretendemos nesta edición é mellorar e innovar estas xornadas, pero da man do sector. Por iso o vindeiro luns, 26 de febreiro, teremos unha reunión cos hostaleiros ás 10:30 horas na Casa de El Viejo Pancho”. 

A edil ribadense anima a asistir a este encontro: “animamos  a toda a hostalería a acudir e tamén a propoñer”. 

 

Etiquetas:
23/02/2024

O sábado 9 de marzo celebrarase en Ourol a quinta edición da súa xuntanza de coches clásicos. Será na explanada do Concello da partir das 10:00 horas, cando se realizará a recepción dos vehículos. Ás 11:30 comezarán un paseo turístico e a partir das 13:00 horas haberá sesión vermú amenizada por Discomóvil Conxuro.

Ás 14:30 empezará a comida, servida por Seiramar Eventos, co seguinte menú: callos, churrasco, sobremesa, café e chupito. O prezo é de 30 euros por persoa e para participar hai que reservar a través do teléfono 711.72.88.17. O prazo remata o 5 de marzo.

Haberá sorteos e premios para o vehículo máis antigo, de máis lonxe e mellor restaurado.