Colexios
O programa da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo Da Escola á Granxa financiará na súa cuarta quinta edición 210 actividades formativas en granxas e producións agroalimentarias da provincia, nas que participarán máis de 6.000 nenas e nenos de 74 centros educativos.
O deputado provincial Daniel García achegou estes datos sobre a quinta convocatoria do programa nun encontro que mantivo con representantes das 45 granxas e proxectos de emprendemento no rural que participan nesta edición do programa, “pioneiro no momento da súa posta en marcha e referente para institucións públicas e privadas”.
O acto, que contou tamén coa presenza de asociacións gandeiras que veñen colaborando activamente co programa -Asoporcel, Boaga, Ovica, Puraga, Avimós, a Asociación Galega de Apicultura ou Casa do Mel...
leer másDesde o CCH de Viveiro explican que “continuamos ca colaboración que xa ven sendo habitual con Cines Viveiro e Prato-Do.Cada edición que poñemos en marcha convértese nun éxito de participación por parte do público, ten moi boa acollida tanto polos peques da casa como dos pais como dos colexios”.
O obxectivo segue a ser o de poñer en valor o cine, e achegar a cultura cinematográfica ós mais novos, pero sempre desfrutando dende unha butaca de sala de cine e nunha gran pantalla.
Por este motivo, o CCHV, a Asociación Prato-Doe Cines Viveiro continúan a sumar forzas para acadar a visibilidade que merece o esforzo que conleva ter películas de primeira, estreas ó mesmo tempo que no resto do territorio nacional, nun cine local.
Serán vales desconto de 2€ para poder ver, nesta ocasión 4 películas de animación e...
Argadelo, as voltas da música ao teatro volveu hai uns días na Escola das Anzas. Este obradoiro, enmarcado no ciclo Cultura nas Parroquias, chegará esta tempada tamén a Vilaselán.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, lembrou que “Argadelo comezou a súa andaina o pasado mes de maio. Trátase dun proxecto do Concello de Ribadeo en colaboración co músico e actor focego Manolo Vázquez, Mano Panforreteiro”.
Otero Cabarcos dixo que “Argadelo non é só música, teatro ou acción. É un xeito de xuntar persoas de todas as idades arredor dunha idea común, comunitaria, de verse unha vez por semana e crear cultura tendo como espazo a aldea. Comezamos en maio nas Anzas, un lugar dos máis dinámicos de Ribadeo, onde logramos reunir a unha quincena de persoas arredor de Argadelo. Descansamos en agosto e volvemos con máis folgos o...
leer másO Concello de Cervo organiza esta semana un obradoiro sobre a importancia da muller na historia familiar para os dous colexios de primaria do municipio.
“As mulleres que nos constrúen”, de Tarabela Creativa, é o título deste taller, que busca indagar nas historias das orixes e como as mulleres que forman parte das nosas familias aportan e lles dan valor aos nosos relatos de identidade.
Tirando dos fíos familiares entenderán a importancia de todas e cada unha das mulleres da súa familia, como seres individuais e como parte da comunidade.
O obradoiro comezou a impartirse hoxe, e estarán ata mañá martes, no CEIP de Cervo. O mércores e o xoves será a quenda para o alumnado do CEIP Península da Paz.
As actividades incluídas no taller están dirixidas a todos os cursos...
leer másArredor de 500 alumnos e alumnas dos centros de ensino de Ribadeo acudirán a vindeira semana a varias propostas do ciclo O Concello cos Coles, que está a desenvolver o Concello de Ribadeo en diferentes áreas. Neste caso trátase de actividades de Cultura.
A edil Pilar Otero explica que “se o vindeiro domingo hai unha función para o público xeral de A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro, o luns 7 de febreiro será representada esta obra baseada en relatos de Manuel Rivas diante de grupos de alumnado dos centros CIFP Porta da Auga, IES de Ribadeo e Sagrado Corazón”.
A concelleira de Cultura sinala que “por outra banda, a exposición Memoria do Son, de instrumentos medievais, recibirá visitas de varios grupos do IES de Ribadeo e do Colexio Sagrado Corazón”.
Para Pilar Otero “a primeira...
leer más







