Pepes e Pepas

Etiquetas:
10/03/2026

O día 21 de marzo, sábado, ás 14:30 horas celebrarase a décimo primeira edición da Xuntanza de Pepes e Pepas en Foz. Nesta ocasión ocúpanse da organización María José Fega e María José Villarino.

Este festexo, que foi creado por iniciativa de José Ramón Vila, celebrase en cada edición nun establecemento hostaleiro de Foz distinto e moitos dos participantes son Josés, Josefas, Pepes e Pepitas do municipio focego, pero habitualmente tamén conta con asistentes doutras localidades da Mariña. Nesta ocasión terá lugar no restaurante Xoíña e, ademais da comida, haberá sorpresas e agasallos, como anuncia a organización.

O prezo por persoa é de 45 euros por persoa e para participar hai que inscribirse previamente a través dos teléfonos 610.44.35.56 ou 699.314.409.