A V Xuntanza de Mulleres de Ourol, con comida baile, será o 8 de marzo

O vindeiro 8 de marzo terá lugar a V Xuntanza de Mulleres organizada polo Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol, que anuncia: “con este evento queremos crear un espazo que sirva de punto de encontro para brindar polos logros acadados e, sobre todo, para seguir reclamando xuntas os dereitos que aínda nos quedan por conquistar ata acadar unha igualdade real. Vémonos para compartir mesa, conversa e baile nun día cheo de sororidade”.

Será no restaurante Louzao (Viveiro) ás 14:00 horas. O custe é de 35 euros e as entradas poden recollerse no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol ata o 4 de marzo.