Fcam

Etiquetas:
28/11/2025

Este sábado, 29 de novembro, terá lugar en Burela o quinto e último sorteo da campaña De compras polo comercio da Mariña Lucense, que organiza a FCAM. En xogo estarán outros 500 euros en vales de compra.

A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explica que “todas as persoas que desde o 24 ao 29 de novembro estean a facer as súas compras nos negocios asociados a Acia Burela poderán participar no sorteo. So teñen que achegarse entre as sete e as oito da tarde pola Praza da Mariña, a obter as súas papeletas. Por cada tícket de compra que nos amosen recibirán un boleto para participar no sorteo que realizaremos a partir das 20:00 horas de mañá, sábado. Haberá tres premios en xogo en vales de compra de 250, 150 e 100 euros”.

Cruzado Iglesias sinala que “este é o quinto e último sorteo desta campaña da FCAM que...

leer más
Etiquetas:
23/11/2025

A campaña da FCAM titulada De compras polo comercio da Mariña Lucense chegará o 29 de novembro a Burela con novos convidados.

A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explica que “o sistema será o mesmo que viñemos realizando nos sorteos anteriores que tiveron lugar en Barreiros, Mondoñedo, A Pontenova e Xove. As persoas que fagan as súas compras nos comercios asociados a Acia Burela entre o 24 e o 29 novembro entrarán no sorteo de 500 euros en vales de compra. O día 29, o vindeiro sábado, ás 20:00 horas na Praza da Mariña, terá lugar o devandito sorteo. E os convidados especiais cos que imos contar serán os encargados de entregar os vales de compra ás persoas afortunadas. Con eles imos visitar diferentes enclaves turísticos de Burela e ademais imos amosarlles a excelente gastronomía coa que contamos na Mariña Lucense”.

... leer más
Etiquetas:
23/11/2025

A Federación de Comercio A Mariña (FCAM) e BeOne asinaron un convenio de colaboración polo que esta empresa estará presente no ciclo de charlas sobre o futuro laboral nesta comarca, que se desenvolverá ao longo do presente curso 2025-2026. A FCAM e BeOne así o plasmaron no documento asinado polo CEO da empresa, Roberto Ramos, e pola presidenta da federación empresarial mariñá, Carmen Cruzado. O acto contou coa presenza de Beatriz Irigoyen, asesora da FCAM.

Cruzado Iglesias tivo palabras de agradecemento: “desde a FCAM queremos agradecerlle o seu apoio económico a BeOne, xa que estará presente como entidade patrocinadora na segunda edición do ciclo sobre O futuro laboral na Mariña. Volveremos así aos centros de FP da comarca para seguir contándolle á mocidade que aquí hai traballos moi dignos en moitos sectores e empresas e que na Mariña...

leer más
Etiquetas:
16/11/2025

A campaña da FCAM (Federación de Comercio A Mariña) co lema De compras polo comercio da Mariña Lucense chegará o 22 de novembro a Viveiro e Xove con novos convidados: os xornalistas José Ribagorda, Pepa Sastre, Sergio Martín e Darío Martínez.

A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explicou que “o sistema será o mesmo que viñemos realizando nos sorteos anteriores que tiveron lugar en Barreiros, Mondoñedo e A Pontenova. As persoas que fagan as súas compras nos comercios asociados ao CCH Viveiro e nos establecementos de Xove entre os días 17 e 22 de novembro entrarán no sorteo de 500 euros en vales de compra. O día 22, o vindeiro sábado, ás 20:00 horas na Praza do Concello, de Xove, terá lugar o devandito sorteo. E os convidados especiais cos que imos contar serán os encargados de entregar os vales de compra ás persoas afortunadas....

leer más
Etiquetas:
14/11/2025

Este sábado, 15 de novembro, terá lugar na Pontenova o terceiro sorteo da campaña De compras polo comercio da Mariña Lucense, que organiza a FCAM. En xogo estarán outros 500 euros en vales de compra.

Desde a FCAM a súa presidenta, Carmen Cruzado, explica que “todas as persoas que desde o 10 ao 15 de novembro fagan as súas compras nos negocios asociados a Acisa Ribadeo e á Asociación de Comerciantes da Pontenova poderán participar no sorteo. So teñen que achegarse entre as sete e as oito da tarde pola Praza do Concello, na Pontenova, a obter as súas papeletas. Por cada tícket de compra que nos amosen recibirán un boleto para participar no sorteo que realizaremos a partir das 20:00 horas. Haberá tres premios en vales de compra de 250, 150 e 100 euros”. 

Cruzado Iglesias lembra que “o obxectivo desta campaña é unha...

leer más
Etiquetas:
09/11/2025

A campaña da FCAM co lema De compras polo comercio da Mariña Lucense chegará o 15 de novembro a Ribadeo e á Pontenova con novos convidados.

A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, anunciou: “o sistema será o mesmo que viñemos realizando nos sorteos que xa tiveron lugar en Barreiros e en Mondoñedo. As persoas que fagan as súas compras nos comercios asociados a Acisa Ribadeo e á Asociación de Comerciantes da Pontenova entre os días 10 e 15 de novembro entrarán no sorteo de 500 euros en vales de compra. O día 15, sábado, ás 20:00 horas na Praza do Concello da Pontenova terá lugar o devandito sorteo. E os convidados especiais cos que imos contar serán os encargados de entregar os vales de compra ás persoas afortunadas. Con eles imos visitar diferentes enclaves turísticos, porque entendemos que comercio e turismo están moi unidos neste...

leer más
Etiquetas:
31/10/2025

A campaña da FCAM De compras polo comercio da Mariña Lucense chegará o 8 de novembro a Lourenzá e Mondoñedo con novos convidados.

A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explicou que “as persoas que fagan as súas compras nos comercios de Lourenzá e de Mondoñedo entre os días 3 e 8 de novembro entrarán no sorteo de 500 euros en vales de compra. O 8 novembro ás 20:00 horas na Praza do Concello, de Mondoñedo, terá lugar o devandito sorteo. E os convidados especiais cos que imos contar nesta ocasión serán os encargados de entregar os vales ás persoas afortunadas. Con eles imos visitar tamén enclaves turísticos da comarca, porque entendemos que comercio e turismo están moi unidos neste destino, e ademais imos amosarlles a excelente gastronomía coa que contamos na Mariña”.

Ata Lourenzá e Mondoñedo achegaranse...

leer más
Etiquetas:
04/10/2025

De compras polo comercio da Mariña Lucense é a campaña que terá lugar do 20 de outubro ao 30 de novembro, organizada pola Federación de Comercio A Mariña (FCAM). No acto de presentación, que tivo lugar no Cenima de Foz, participaron a presidenta e o tesoureiro da entidade, Carmen Cruzado e José Carlos Paleo.

Desde a FCAM explican que “o obxectivo desta campaña é unha forte aposta polas compras no pequeno comercio, nese que temos a carón das nosas casas. E imos facelo traendo á Mariña a persoas destacadas pola súa profesión no ámbito do xornalismo, a música, a escritura ou o cine, coas que faremos un percorrido polas rúas comerciais de Viveiro, Burela, Foz ou Ribadeo. Queremos que elas e eles sexan un reclamo comercial e por iso van vir pasar unha fin de semana entre nós”.

Carmen Cruzado indica: “imos...

leer más
Etiquetas:
23/09/2025

A FCAM e Logística Reyco veñen de renovar o convenio de colaboración polo que a empresa de Fazouro (Foz) estará presente na segunda edición do ciclo de charlas sobre o futuro laboral na Mariña que a FCAM levará adiante ao longo dos vindeiros meses polos centros de FP da comarca. 

A FCAM e Reyco así o plasmaron no documento asinado polo CEO da empresa de transporte e loxística, Iván Marrube, e pola presidenta da federación empresarial mariñá, Carmen Cruzado. 

Cruzado Iglesias tivo palabras de agradecemento: “desde a FCAM queremos agradecerlle o seu apoio económico a Logística Reyco, xa que estará presente como entidade patrocinadora na segunda edición do ciclo O futuro laboral na Mariña. Volveremos así aos centros de FP da comarca para seguir contándolle á mocidade que aquí hai traballos moi dignos en moitos...

leer más
Etiquetas:
15/09/2025

A FCAM (Federación de Comercio A Mariña) organiza unha mesa redonda este xoves, 18 de setembro, para facer balance turístico do verán. Será no Cenima, en Foz, ás 19:30 horas. Intervirán: José Carlos Paleo, presidente de Acia Foz; Jorge Orosa, vicepresidente de Acia Burela; Isabel Méndez, xerente do CCH Viveiro; Carmen Cruzado, presidenta da FCAM; Alejandro Balseiro, CEO do Hotel Urban; Belén Prado, CEO de Cámping Rinlo Costa; Andrea Rodríguez, CEO de Apartamentos Casa Fandín; Paloma Vázquez, xefa de Turismo da Xunta de Galicia en Lugo; e Fran Cajoto, alcalde de Foz.

“Queremos entre todas e todos facer un balance turístico do que foi este verán que está a piques de rematar e que nos deixa cifras e imaxes para o análise e a reflexión”, sinala Carmen Cruzado.

O acto é aberto ao público.