A campaña da FCAM De Compras pola Mariña conta co escritor e xornalista José Ribagorda ata este domingo, 18 de outubro

A campaña da FCAM De Compras pola Mariña conta estes días co escritor e xornalista José Ribagorda, que está visitando o comercio local desta comarca “nunha defensa e aposta polos negocios dos nosos pobos, que son os que enchen de luz e de vida as rúas mariñás”.

Da man da FCAM (Federación de Comercio A Mariña) Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais históricos, algúns que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen.

A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño, en Foz. e o Centro de Interpretación da Faba, en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá durante esta fin de semana, sábado e domingo.