Universidade

30/04/2019

O Concello acolleu este mediodía a presentación do programa Camiños de coñecemento e experiencia que leva a cabo o Vicerreitorado de Títulacións da Universidade de Santiago de Compostela, e que pretende achegar o traballo das distintas áreas de investigación ás vilas que así o demandan. Trátase dun programa de formación universitaria para persoas maiores de 50 anos. En Ribadeo haberá tres seminarios durante o mes de maio, o primeiro será a partir do día 13, e para participar é preciso inscribirse xa que cada un dispón de 15 prazas. As persoas interesadas en asistir poden anotarse do 2 ao 12 de maio na Área de Servizos Sociosanitarios do Concello.

A directora do Programa Universitario de Maiores da USC cuarto ciclo, Esther Olveira, explicou que “Camiños de coñecemento e experiencia é unha aposta que se leva a cabo desde a Vicerreitoría de...

leer más
12/03/2015
O Concello presentou a Universidade Aberta de Cervo no IES Marqués de Sargadelos. A inscrición está aberta ata o 15 de abril.
 
O Concello de Cervo deu hoxe a coñecer a segunda edición da Universidade Aberta de Cervo “A Universidade que nos agarda” ao alumnado de 2º de Bacharelato do IES Marqués de Sargadelos. Unha iniciativa que este ano vaise desenvolver o 18 de abril e na que doutores e investigadores ofrecerán información de utilidade a todas as persoas que estean interesadas en coñecer o mundo universitario. 
Nesta ocasión, o Concello decidiu presentar esta iniciativa a un dos colectivos aos que van dirixidas as xornadas, os estudantes do último curso de Bacharelato, aínda que tamén pode ser proveitoso para os de 1º de Bacharelato, os estudantes de ciclos ou mesmo os de ESO, sen esquecer que está aberto a toda a poboación en xeral. Un acto no que participaron o alcalde, Alfonso Villares, a...
leer más