O Batán
05/06/2025
O Concello de Trabada organiza unha representación teatral para este sábado, día 7 de xuño, ás 21:00 horas na Casa da Cultura. Será a obra As promesas dos galos, a cargo do grupo O Batán, de Cangas de Foz.
“Pechamos o ciclo teatral con humor, talento e cultura local. Unha oportunidade perfecta para apoiar o teatro afeccionado e gozar dunha noite diferente”, anuncia o Concello de Trabada.
A entrada é libre ata completar o aforo.