Zeltia Irevire
05/11/2026
Zeltia Irevire actuará no Círculo Habanero da Devesa (Ribadeo) este venres, día 6 de novembro, ás 20:30 horas.
É un evento organizado pola Asociación Cultural A Tribo da Travesía, que anuncia: “Zeltia Acuña é a Joan Baez de hoxe en día. Unha compositora sagaz e cunha naturalidade que embelesa, vén do Morrazo á Mariña. Enche o seu directo cunha voz chea de sensibilidade, no seu estilo de folk tribal, xoga coa construción de armonías vocais e ritmos que se achegan ao folk-pop nativo de estética mística. Vémonos no Circulo Habanero o 6 de novembro para disfrutar dos seus temas e dos pinchos postconcerto”.



