Carlos Callón
20/05/2025
O profesor Carlos Callón presentará en Ribadeo o seu libro titulado Maxicamente vella, eternamente nova. A literatura tradicional galega. Será este xoves, día 22 de maio, ás 20:30 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho.
Ademais do autor do libro, falará Dores Fernández Abel, da Agrupación Cultural Francisco Lanza, que é a organizadora do acto, co que “seguimos a homenaxear ás nosas cantareiras”, di o colectivo ribadense.