Percorrido

Etiquetas:
12/05/2025

A Agrupación Cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, anuncia: “este xoves, 15 de maio, ás 20:30 horas imos poder gozar da actuación das Erikas e Peluxías ao longo das rúas ribadenses, ao pé de varios dos balcóns que dan acubillo ás Palabras na varanda, que cada ano organiza a Agrupación Cultural Francisco Lanza. Nesta ocasión, e ao mesmo tempo que celebramos o Día das Letras Galegas dedicado ás cantareiras, imos engalanar os nosos balcóns con múltiples referencias ás mulleres que durante anos e anos mantiveron viva a nosa tradición musical e as cantigas que lle daban contido. Comezaremos o percorrido na rúa San Francisco, fronte á igrexa, e despois desprazarémonos até a Praza de Abaixo para, a continuación, achegármonos á rúa Antonio Otero, á altura da Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, e rematarmos na rúa Rodríguez Murias, cabo do mural dedicado a...

leer más
29/03/2021

A Área de Turismo do Concello de Barreiros deseñou un novo percorrido turístico-cultural autoguiado pola parroquia de San Cosme chamado “O Barreiros dos nosos antergos”, en castelán “El Barreiros de antaño”. 

Durante este percorrido, deseñado a modo de visita guiada, expoñerase o vínculo entre o patrimonio etnográfico máis propio de Galicia e o posterior legado daqueles que emprenderon a aventura de facer as Américas. Compleméntase con descricións audio guiadas e relatos sobre a nosa historia.

Como puntos de interese inclúe casas indianas, patrimonio etnográfico, capelas e casas labregas. Sae da Oficina de Turismo e percorre os núcleos de San Cosme, Vilar, Áspera, Viladaíde, San Bartolo e Remior; retornando de novo a San Cosme.

Conta cunha lonxitude aproximada de 10Km e pódese facer a pé...

leer más