Francisco Lanza

13/01/2025

A Agrupación Cultural Francisco Lanza anuncia que “o vindeiro venres, 17 de xaneiro, ás 19:30 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, poderemos asistir á presentación da novela Entre a vontade e o destino (segunda parte da súa triloxía Banu Marwán: a estirpe do galego) de Xosé Henrique Costas. Presentará ao autor o noso compañeiro e amigo da ACFL Suso Fernández Acevedo (profesor de Lingua e Literatura Galegas no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo)”.

Sobre esta publicación explica que “nesta segunda entrega, Marwán, fillo de Ianes O Galego, comeza unha nova vida acollido polos xudeus de Munt Sáluti ata que emprende camiño a Mérida. Alí, grazas aos seus contactos e á súa competencia, entra ao servizo da administración amiral e vai subindo na escala ata chegar a ser nomeado valí ou gobernador dunha cidade...

leer más
19/11/2024

O libro titulado O gran triángulo, escrito polo ribadense Francisco Díaz-Fierros Viqueira, será presentado en Ribadeo este xoves, día 21 de novembro. Será na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho ás 20:30 horas. No acto falarán o profesor ribadense Suso Fernández Acevedo e o autor, Francisco Díaz-Fierros Viqueira.

Esta presentación está organiza pola Agrupación Cultural Francisco Lanza e seu presidente, Farruca Graña, anuncia: “este xoves, 21 de novembro, imos ter a presentación do libro O gran triángulo, de Francisco Díaz-Fierros Viqueira, editada por Xerais. É unha novela ben interesante e de marcado carácter divulgador da actividade científica. De lectura amena e doada, paga a pena comprobar as vicisitudes polas que tiveron que pasar as xentes do mundo da ciencia para lograren desenvolver os seus descubrimentos. Pero a...

leer más
26/05/2024

A agrupación cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, organiza unha excursión a Lugo para o día 2 de xuño, domingo. A saída será ás 09:00 horas desde a estación de autobuses ribadense.

“Dentro da conmemoración das Letras Galegas, mais xa centrado no campo da memoria e da lingua, organizamos unha excursión á cidade de Lugo para o próximo día 2 de xuño, na que visitaremos o cemiterio de San Froilán, dentro do Programa de Cemiterios Europeos, o casco histórico e o centro cultural Vello Cárcere”, explica a organización.

14/05/2024

O documental titulado “Luísa Villalta. A rebelión da palabra” será presentado no Teatro de Ribadeo este sábado, 18 de maio, ás 20:30 horas.

É una actividade organizada pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, que anuncia: “o sábado 18 de maio imos ter un acto no Teatro para conmemorarmos o Día das Letras Galegas. Imos presentar, da man dunha das súas guionistas, a ribadense Alba López Álvarez, o documental "Luisa Villalta. A rebelión da palabra".