A agrupación Francisco Lanza, de Ribadeo, organiza unha viaxe a As Pontes, Pontedeume e Sobrado dos Monxes para o 17 de outubro

A agrupación cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, organiza unha viaxe a As Pontes, Pontedeume e Sobrado dos Monxes para o día 17 de outubro, sábado. Inclúe visitas guiadas e xantar nun restaurante.

A saída de Ribadeo será ás 8:00 horas e chegada está prevista para as 20:30 aproximadamente.

O prezo é de 75 euros para os socios/as da agrupación Francisco Lanza e de 85 euros para as persoas que non pertencen ao colectivo.

As inscricións poden facerse a través do correo electrónico agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou do teléfono 699.809.606.