Deseño
Do 22 ao 31 de decembro de 2025 Ribadeo acollerá un curso presencial de deseño de pósteres organizado pola ESCAC enmarcado nos cursos OFF ESCAC en colaboración coa asociación As Vacas Fracas. Será na aula CeMIT da Casa da Xuventude.
O colectivo As Vacas Fracas explica que “a proposta do curso céntrase no deseño gráfico aplicado á elaboración de pósteres, combinando teoría, práctica e proxectos reais para potenciar a creatividade e a técnica dos participantes. O curso estará impartido por profesores e profesoras galegas, profesionais de referencia e especialistas no ámbito do deseño e da arte, que achegarán a súa experiencia e visión contemporánea da comunicación visual. Unha ocasión única para aprender deseño gráfico cun enfoque práctico e profesional, aplicando os coñecementos á creación de pósteres reais. A formación, de carácter...
leer másO Concello de Ourol organiza un obradoiro de manualidades para deseñar broches, chapas ou mochilas. Será na biblioteca municipal o día 22 de outubro, mércores, ás 17:00 horas.
Está destinado a persoas adultas e as prazas son limitadas. A inscrición pode facerse a través dos teléfonos 982.55.90.19 ou 608.69.40.51.
A Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña convoca o I Certame de Logotipo das Galletas Mariñas para crear a imaxe do novo produto elaborado ao abeiro do proxecto de integración na comunidade “Mental Health Chefs”, “Cocineros de la Salud Mental”.
As bases están depositadas ante notario e pódese acceder a elas tamén a través do Facebook, Instagram e páxina web da entidade.
O premio será de 600 euros para o gañador e os participantes terán ata o próximo 30 de abril ás 23:59 horas para entregar os seus traballos.
A Asociación Barrio dos Muíños convoca un concurso de deseño do logotipo para a ABDM.
Esta convocatoria ten por obxectivo dotar á asociación dun logotipo e facer partícipe aos asociados e a calquera persoa que queira participar.
Poderán concorrer todas as persoas que o desexen e o deseño debe ser unha proposta orixinal para ser un logotipo da Asociación do barrio dos Muíños.
Os deseños, a cor e en branco e negro, terán un tamaño en A4, sen anotacións nin o nome da persoa participante. Os datos persoais, no caso de ser entregado o deseño en papel, deberán ser anexados nun sobre.
Os traballos terán que presentarse ao mail da ABDM barriodosmuinhosasociacion@gmail.com ou aos membros da directiva. O prazo de...
leer más






